Urbano Cabrera, nado en Baiona en 1951, é un cantautor e compositor galego.

Traxectoria Fillo dun mariñeiro e dunha peixeira, Cabrera é un cantautor autodidacta.

O estilo musical de Urbano Cabrera móvese entre o blues, o rock e as baladas country. As súas letras son de corte social-reivindicativa e amoroso.

Urbano Cabrera editou tres discos. No segundo deles contou coa colaboración do grupo vigués Siniestro Total, e no terceiro coa de Mastro Reverendo.

Discografía Tarantela (1998) Segundo Andar (2000) Penalba (2003)

Véxase tamén Ligazóns externas "Urbano Cabrera graba nuevo disco con músicos de Siniestro", artigo en La Voz de Galicia, 1 de maio de 2001.

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Baiona Categoría:Nados en 1951 Categoría:Cantautores de Galicia