Darmstadt é unha cidade que se atopa na parte sur do estado alemán de Hessen e forma parte da área metropolitana de Frankfurt. Segundo datos de 2014, a cidade tiña 151 879 habitantes.

Darmstadt posúe o título oficial de "Cidade de ciencia" (en ) xa que acolle importantes institucións científicas, universidades e empresas de última tecnoloxía. Atópanse na cidade o Centro Europeo de Operacións Espaciais e o GSI Helmholtzzentrum für Schwerionenforschung, onde se descubriron diversos elementos químicos como o bohrio (en 1981), o meitnerio (en 1982), o hassio (en 1984), o darmstadtio (en 1994), o roentgenio (en 1994) e o copernicio (1996).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Darmstadt

Categoría:Cidades de Hessen