Santa Eulalia de Mos é unha parroquia que se localiza no concello de Mos na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.585 habitantes (793 mulleres e 792 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.501 habitantes.

Patrimonio A igrexa parroquial está situada a carón do pazo de Mos, orixinario do século XVI. Foi incendiado polas tropas francesas durante a guerra da independencia española, ao se negaren os marqueses de Mos a recoñecer a José Bonaparte como rei de España. Logo de estar en ruínas durante case dous séculos, foi restaurado recentemente.

O 20 de setembro de 2008 inaugurouse xunto ao camposanto un monumento ás 29 persoas alí fusiladas durante a guerra civil española. A escultura é obra de Marcos Escudero.

Lugares e parroquias Lugares de Mos

Parroquias de Mos

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mos

Categoría:Parroquias de Mos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Eulalia