San Mamede de Torroso é unha parroquia que se localiza no concello de Mos. O patrón é San Mamede, que tamén é o patrón de devandito municipio. Está situado dentro da zona de influencia do Val da Louriña, entre os concellos do Porriño, Redondela, Pazos de Borbén, Ponteareas e Vigo. Segundo o INE en 2010 tiña 1.350 habitantes (711 mulleres e 636 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.252 habitantes. Segundo o IGE, no 2020 a súa poboación medrara ata os 1.377 habitantes, sendo 708 mulleres e 660 homes.

Xentilicio O seu xentilicio é torroxudo.

Patrimonio histórico e artístico Nesta parroquia, no ano 1983, atopouse de xeito fortuíto o Castro de Torroso, poboado da cultura castrexa que foi escavado nos anos seguintes.

Desta parroquia procede o grupo The Turre's band, banda creada no ano 2000 e formada por nove instrumentos de vento (saxofóns, trombón, trompetas, tuba...), batería e percusións.

Lugares e parroquias Lugares de Torroso

Parroquias de Mos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mos

Ligazóns externas Centro Recreativo Cultural de Torroso

Categoría:Parroquias de Mos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede