Industrias Españolas Motrices SA (IMESA) foi un fabricante galego de automóbiles, fundado en 1983 e liquidado en 2000.

Historia da compañía

A empresa foi fundada o 10 de xuño de 1983, comezou coa produción de automóbiles, e as vendas realizáronse a través de SEAT. A sede estaba no polígono industrial de Sabón parcela 140.

Vehículos A empresa fabricou vehículos sobre a base de modelos SEAT. Nalgúns casos, utilizouse un marco de tubo especialmente desenvolvido. As carrozarías xeralmente eran de fibra. Os modelos eran limusinas, e pickups. Sobre a base do SEAT Ibiza e o SEAT Ronda, fabricou furgonetas e vehículos de gran capacidade.

Bibliografía Harald Linz und Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie. United Soft Media Verlag GmbH, München 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Fabricantes de automóbiles de España Categoría:Arteixo