Cristina Correa Pombal, nada en 1981, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Licenciouse en Dereito na Universidade da Coruña e dedícase profesionalmente á asesoría xurídica. Nas eleccións municipais de 2015 foi a número 2 da candidatura do PPdeG en Oia e foi elixida concelleira. Inicialmente formou parte da oposición, cando foi elixida alcaldesa a socialista Rosa María Otero, asumindo a portavocía do grupo no mes de outubro trala renuncia do que fora candidato e alcalde Alejandro Rodríguez Rodríguez. No mes de novembro foi elixida nova alcaldesa de Oia tras presentar unha moción de censura que desbancou o goberno socialista e que contou co apoio de Converxencia Galega, polo cal pasou a gobernar en coalición con este grupo. En decembro de 2017 Converxencia abandonou o grupo de goberno, polo cal afrontou o resto do mandato en minoría. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG e revalidou a alcaldía ao lograr a maioría absoluta. Nas municipais de 2023 foi reelixida alcaldesa, novamente con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Oia

Categoría:Alcaldes de Oia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1981 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña