María del Rocío de Frutos Madrazo, nada en Valladolid o 21 de xaneiro de 1967, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade de Valladolid e diploma de Estudos Avanzados pola Universidade de Vigo. Profesionalmente é inspectora de traballo. Desde 1990 está destinada en Ourense. Ocupou postos de relevancia política ao traballar como secretaria xeral da subdelegación do goberno en Ourense, entre 2004 e 2008. En 2010 figurou no equipo co que Jaime Cabeza se presentou, sen éxito, ao reitorado da Universidade de Vigo, nas eleccións que foron gañadas por Salustiano Mato.
Encabezou a lista do PSOE pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 2015, logo de ser designada pola dirección galega do partido e en contra da opinión da militancia, que escollera en primarias a Laura Seara.
Foi unha dos quince deputados do PSOE que votaron en contra na segunda sesión de investidura de Mariano Rajoy para presidente o 29 de outubro de 2016.
Actualmente é a directora provincial do INSS en Ourense.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense