Santiago de Gresande é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 205 habitantes (105 mulleres e 100 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 228 habitantes.

Xeografía

Cruzada pola estrada de Vilatuxe a Prado.

Historia O castro de Gresande está composto por un recinto de planta oval irregular, cun complexo sistema defensivo na entrada. A coroa presenta as seguintes dimensións: no eixo NL-SO 130 m (interior) e 165 m (exterior); se se teñen en conta tamén as defensas exteriores, a lonxitude é de 195 m; no eixo NO-SL mide 85 m (interior) e 125 m. (exterior); se se teñen en conta tamén as defensas exteriores, a lonxitude é de 155 m. A coroa está enteiramente rodeada por un parapeto, que chega a acadar unha altura máxima duns 6 m na zona oeste, agás a zona de entrada ao recinto polo leste.Ficha arqueolóxica do castro de Gresande .

En 1906 creouse na parroquia a Sociedad de Agricultores de Gresande, que foi a máis importante do concello de Lalín.

Festas Celebra festas na honra de Santiago e de San Ramón "o das preñadas".

Lugares e parroquias Lugares de Gresande

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Gresande na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior