Santo Adrao de Madriñán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 148 habitantes (74 mulleres e 74 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 180 habitantes.
Patrimonio O pazo de Anzuxao, do século XVIII, no lugar de Anzuxao. Cruceiro de Madriñán. Igrexa de Santo Adrao. O castro de Madriñán, conformado a partir dun único recinto de planta oval, coas seguintes dimensións: o eixo N-S mide uns 95 m no interior e 130 m ao exterior. O eixo O-L mide 65 m no interior e 90 m polo exterior. Se se teñen en conta tamén as defensas exteriores (foxo), a lonxitude é de 115 m. Conserva o parapeto en todo o seu perímetro, agás nas zonas en que foi destruído por actividades antrópicas, en concreto no sector nordés e puntualmente no noroeste. A altura interior do parapeto está entre 2 m e 4 m.Ficha arqueolóxica do castro de Madriñán .
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Madriñán
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín
Ligazóns externas Madriñán na web do concello de Lalín
Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Adrao