Platichthys stellatus (Pallas, 1787) é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos, pertencente ao xénero Platichthys,Platichthys stellats (Pallas, 1787) no WoRMS. coñecida en galego como platuxa do Pacífico.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83. que vive nas costas do Pacífico norte.

Trátase dunha especie de grande importancia comercial.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1787 polo médico, zoólogo e botánico alemán Peter Simon Pallas, baixo o nome de Pleuronectes stellatus.

Sinónimo Ademais de polo nome orixinario que lle impuxo Pallas, e do actualmente válido, a especie foi coñecida polo sinónimo Platichthys rugosus Girard, 1854.

Etimoloxía O nome do xénero, Platichthys está tirado dos termos do grego antigo πλατύς platýs, "plano", e ἰχθύς, ǐchthýs, "peixe", literalmente: "peixe plano".

En canto ao nome específico, stellatus, é un adxectivo do latín científico, derivado de stella, -ae, "estrela", é dicir, "con estrelas".

Características

Entre as características distintivas desta especie destacan:Morrow, J. E. (1980): The freshwater fishes of Alaska. Vancouver, Canadá: University of British Columbia. Animal Resources Ecology Library.Gudger, E. W. (1941): "A totally ambicolorate flounder, Platichthys stellatus, from Alaskan waters". Copeia 1941 (1): 28-30.Follett, W. I. (1954): "The case of the piebald flounder". Pac. Discovery 7 (5): 24-25. A combinación alternada de manchas negras e branco-alaranxadas nas aletas dorsal e anal, así como a súa pel, recuberta de escamas modificadas en pequenas placas en forma de estrelas ou tubérculos (de aí o seu nome específico), de xeito que esta é de tacto áspero. Outras características son: miniatura|300px|Platichthys stellatus. miniatura|300px|Platichthys stellatus. A coloración do lado ocular ou pigmentado vai da cor café escura, case negra á parda escura, ás veces con manchas indefinidas. A do lado inferior ou cego, é branca ou cremosa. Porén, os espécímes que vive en Alasca ás veces prentan unha tonalide verdosa. Nalgunhas ocasións, raras, o lado cego pode ser en parte ou totalmente da mesma cor que a do lado pigmentado, ou a cor branca pode estar presente no lado ocular, o que representa casos de leucismo. A aleta dorsal exhibe de 4 a 7 bandas escuras, alternando con bandas brancas ou alaranxadas; na anal esas bandas están en número de 4 a 6, e a aleta caudal presenta 3 ou 4 bandas lonxitudinais escuras na súa parte posterior. A columna vertebral está formada por de 34 a 37 vértebras. A aleta dorsal presenta de 52 a 66 raios, e a anal, de 38 a 47. A aleta dorsal orixínase á altura do ollo superior. A aleta anal ten un raio espiñento, a miúdo cuberto pola pel. As aletas torácicas rematan en punta. A aleta caudal ten o contorno lixeiramente arredondado.

Dimensións Este peixe pode alcanzar unha lonxitude máxima de até os 91 cm, e un peso de 9,1 kg,Eschmeyer, W. N.; E. S. Herald & H. Hammann (1983): A field guide to Pacific coast fishes of North America. Boston, U.S.A.: Houghton Mifflin Company. pero os espécimes capturados teñen un tamaño de media de 57,5 cm.Hugg, D. O. (1996): MAPFISH georeferenced mapping database. Freshwater and estuarine fishes of North America. Life Science Software. Dennis O. and Steven Hugg, 1278 Turkey Point Road, Edgewater, Maryland, USA.

Hábitat e distribución Hábitat Esta especie é un peixe demersal, catádromo, que vive en augas polares, tanto mariñas como doces e salobres.Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Germany.

Os adultos adoitan viviren sobre fondos areosos ou fangosos, preto do litoral, a miúdo en augas moi pouco profundas, e nos estuarios, durante o verán, e no inverno migra cara a augas máis profundas.Platichthys stellatus (Pallas, 1787) na FishBase.

Distribución

A especie distribúse polo norte do Pacífico, entre os 70° N e os 34° N, desde Corea e o sur do Xapón e, a través do estreito de Bering, no Ártico, en Alasca, e o golfo da Coronación, nos Territorios do Noroeste, Canadá, até Santa Bárbara, no sur de California, Estados Unidos de América, polo sur.

Bioloxía Variedade de ambientes A platixa do Pacífico é un peixe costeiro, que habita tanto nos estuarios na zona de auga doce, até os primeiros rápidos, con individuos xuvenís que se poden encontrar até 120 km cara ao interior, como en ambientes mariños, onde poden chegar a profundidades de até os 375 m.

Nutrición Os adultos desprázanse sobre o fondo mediante as ondulacións das aletas dorsal e anal, alimentándose dunha gran variedade de invertebrados bentónicos.

As larvas, peláxicas, inician a súa alimentación co consumo de crustáceos e algas planctónicas e, cando sofren a metamorfose para transformárense en peixes planos, cambian a súa dieta cara a presas máis grandes.

Lonxevidade A idade máxima rexistrada para os membros desta especie foi de 24 anos.Armstrong, R. H. (1996): Alaska's fish. A guide to selected species. Alaska Northwest Books.

Híbridos Platichthys stellatus hibrida con Parophrys vetulus; este híbrido, denominado Inopsetta ischyra, pode encontrarse desde o mar de Bering até San Francisco (California). Así mesmo pode hibridar con Kareius bicoloratus.

Pesca A platuxa do Pacífico péscase activamente no Canadá, a China, ambas as Coreas, os Estados Unidos, a Federación Rusa e o Xapón, nas zonas de pesca 61, 67 e 77 (Pacífico noroeste, nordeste e centro-leste, respectivamente).

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualificou en 2013 o status desta especie como LC (pouco preocupante) debido á súa grande área de dispersión, ao gran número de subpoboacións e ao tamaño da poboación global, e porque esta é bastante estábel, non diminiundo o suficientemente rápido como para cualificala en calquera das categorías de especies ameazadas.Platichthys stellatus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015.2.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, Missouri, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronectoideos Pleuronéctidos Platichthys

Ligazóns externas Platichthys stellatus na EOL. Con informacións, numerosas imaxes, e mapas de distribucíón Platichthys stellatus na ADW. Platichthys stellatus no NCBI.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1787 Categoría:Produtos da pesca