Paralichthodes algoensis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos, a única da subfamilia dos paralictodinos e máis do xénero Paralichthodes.Paralichthodinae Regan, 1920 no WoRMS.Paralichthodes Gilchrist, 1902 no WoRMS.Paralichthodes algoensis Gilchrist, 1902 no WoRMS.
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos ten o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Trátase dun peixe mariño, demersal, oceanódromo, de até 50 cm, que vive en fondos areosos e lamacentos en augas subtropicais, a profundidades de até 100 m, nas costas do sueste do Atlántico e o oeste do Índico, especialmente entre a Mossel Bay, Suráfrica e a baía de Delagoa, Mozambique.Paralichthodes algoensis Gilchrist, 1902 en FishBase.Evseenko, Sergei A. (2004): "Family Pleuronectidae Cuvier 1816" (PDF). Calif. Acad. Sci. Annotated Checklists of Fishes 37: 37pp.
A poboación de Paralichthodes algoensis considérase relativamente abundante, e estábel, en toda a súa área de distribución.
Desde o ano 2010 a situación da especie está avaliada pola UICN como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla área de distribución e á súa abundancia. E aínda que está sometida ás capturas por parte da industria pesqueira comercial, isto non se considera como unha grande ameaza para a conservación desta especie na actualidade. Porén, a comprobación continua dos seus niveis de poboación é necesaria para garantir que, no futuro, non sexa necesario incluíla nunha categoría de ameaza.Paralichthodes algoensis na Lista vermnella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015.2
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Heemstra, P. C. (1986): "Pleuronectidae". En M. M. Smith e P. C. Heemstra, eds. Smith's sea fishes. Berlin–Heidelberg–Nova York: Springer Verlag. ISBN 3-540-16851-6. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes
Ligazóns externas Paralichthodes algoensis na EOL. Paralichthodes algoensis na ADW.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1902