A dos pecilopsetinos (Poecilopsettinae) é unha subfamilia de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes e familia dos pleuronéctidos.Poecilopsettinae Norman, 1934 no WoRMS.Pleuronectidae no SIIT.

Nalgunhas clasificacións, esta subfamilia é elevada ao nivel de familia.Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686–726.Poecilopsettidae na EOL.

As especies desta subfamilia son tipicamente demersais que viven nos fondos mariños a profundidades de entre os 60 e os 500 m, no Atlántico noroccidental e na rexión Indo-Pacífica.Evseenko, Sergei A. (2004): "Family Pleuronectidae Cuvier 1816 — righteye flounders" (PDF). Calif. Acad. Sci. Annotated Checklists of Fishes 37: 37pp.

Trátase de pequenos peixes cuxo tamaño vai desde 9 a 19 cm de lonxitude, aínda que a maioría das especies son xeralmente menores de 15 cm.

Aliméntanse de organismos zoobentónicos.

Taxonomía A subfamilia foi descrita en 1934 polo ictiólogo británico John Roxborough Norman.Van der Laan, R.; W. N. Eschmeyer & R. Fricke (2014): "Family-group names of Recent fishes". Zootaxa Monograph 3882 (1): 1-230.

Xéneros A subfamilia comprende tres xéneros, cun total de 15 especies.

Subfamilia Poecilopsettinae Norman, 1934 Xénero Marleyella Fowler, 1925 - 2 especies Xénero Nematops Günther, 1880 - 4 especies Xénero Poecilopsetta Günther, 1880 - 9 especies

Notas

Véxase tamén Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Heemstra, P. C. (1986): "Pleuronectidae". En M. M. Smith e P. C. Heemstra, eds. Smith's sea fishes. Berlin–Heidelberg–Nova York: Springer Verlag. ISBN 3-540-16851-6. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronéctidos

Ligazóns externas Poecilopsettinae en Projet Gutemberg. World Public Library eBooks Poecilopsettinae en datab.us/i/Poecilopsettinae

Categoría:Pleuronectiformes