A tartaruga verde ou tartaruga mariña verdeConde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega. (Chelonia mydas)Swash, A. & Still, R. (2005). Birds, Mammals, and Reptiles of the Galápagos Islands. Second Edition. Hampshire, UK:WildGuides Ltd. p.116. é unha tartaruga mariña de gran tamaño da familia Cheloniidae, e única especie do xénero Chelonia. Vive nos mares tropicais e subtropicais de todo o mundo, e ten dúas poboacións distintas no Atlántico e Indo-Pacífico. Nas costas de Galicia pode verse ás veces (ver Lista de réptiles de Galicia). O seu nome común procede da graxa xeralmente de cor verde que hai debaixo da súa coiraza ou cuncha.

Esta tartaruga mariña ten un corpo aplanado dorsoventralmente cuberto por unha gran coiraza con forma de bágoa; ten un par de extremidades anteriores grandes con forma de aleta. Xeralmente está coloreada, aínda que nas poboaciós do Pacífico leste a coiraza pode ser case negra. A diferenza doutros membros da súa familia, como a Eretmochelys imbricata (tartaruga carei), C. mydas é principalmente herbívora. Os adultos xeralmente habitan lagoas de atois ou costeiras, alimentándose principalmente de plantas mariñas.

Igual que outras tartarugas mariñas, as tartarugas verdes migran a grandes distancias entre as súas áreas de alimentación e as praias onde desovan. Moitas illas de todo o mundo levan o nome de Illa da Tartaruga debido a que as tartarugas verdes aniñan nas súas praias. As femias arrástranse polas praias, cavan un niño e poñen os seus ovos de noite. Despois, emerxen as crías que se dirixen rapidamente á auga. Aínda que a maioría das crías morren axiña, as que chegan á madurez sexual poden vivir uns oitenta anos na natureza.

C. mydas está na lista de especies en perigo da IUCN e CITES e está protexda en moitos países, polo que é ilegal capturala, facerlle dano ou matala. Ademais, moitos países teñen leis que protexen as áreas de cría. Porén, as tortugas están aínda en perigo debido ás actividades humanas. Nalgúns países as tartarugas e os seus ovos son capturados como alimento. A polución dana indirectamente ás poboacións de tartarugas. Moitas tartarugas quedan atrapadas en redes de pesca. Ademais, o desenvolvemento urbanístico a miúdo causa perda de hábitats ao destruír ou alterar as praias onde aniñan.

Taxonomía A tartaruga verde é un membro da tribo Chelonini. Un estudo de 1993 esclareceu o status do xénero Chelonia con respecto a outras trartarugas mariñas. As tartarugas carnívoras Eretmochelys, Caretta e Lepidochelys foron asignadas á tribo Carettini. As herbívoras Chelonia manteñen o seu status como xénero, mentres que Natator foi quitada do xénero onde antes estaba.

A especie Chelonia mydas foi orixinalmente descrita por Linné en 1758 co nome Testudo mydas. En 1868, Marie Firmin Bocourt denominou unha determinada especie de tartaruga mariña Chelonia agassizii.Chelonia agassizi é citada a miúdo como nome do taxon, pero está mal escrita. Esta suposta "especie" foi denominada "tartaruga mariña negra". Pero posteriormente determinouse que a tartaruga mariña negra de Bocourt non era xeneticamente distinta de C. mydas, e, por tanto, taxonomicamente non se considera unha especie separada. Estas dúas "especies" foron entón unificadas en Chelonia mydas e as súas poboacións foron consideradas subespecies cos nomes: C. mydas mydas (a poboación descrita orixinalmente) e C. mydas agassizi (a poboación do Pacífico coñecida como tartaruga verde das Galápagos). Con todo, determinouse despois que esta subdivisión era inválida e que todos os membros da especie debían designarse Chelonia mydas (sen distinguir subespecies). O nome que a miúdo se ve mencionado C. agassizi é un sinónimo júnior inválido de C. mydas.

O nome común da especie non deriva de que teña unha coloración verde externa, senón da cor verde da graxa que a tartaruga ten entre os seus órganos internos e a coiraza.

Dieta As tartarugas verdes adultas comen principalmente plantas mariñas e algas como o quelpo e outras, mentres que os xuvenís teñen unha dieta máis carnívora.

Descrición miniatura|Debuxo do espaldar e do plastrón da coiraza ou cuncha, no que se ven as placas vertebral, costal, marxinal, e supracaudal e intergular, gular, peitoral, abdominal, umeral, femoral, anal, axilar (anterior inframarxinal) e inguinal (posterior inframarxinal) miniatura|dereita|Cabeza mostrando as escamas córneas: FrontoparietalFrontal Supraocular Prefrontal Postocular A súa aparencia é a dunha típica tartaruga mariña. C. mydas ten un corpo aplanado dorsoventralmente, unha cabeza bicuda e un pescozo curto, e brazos convertidos en aletas adaptadas á natación. As tartarugas verdes adultas crecen ata os 1,5 m de lonxitude. O peso medio dos individuos maduros é de entre 68 e 190 kg e a lonxitude media da coiraza é de 78 a 112 cm. Espécimes excepcionais poden pesar 315 kg ou máis, e o maior peso rexistrado foi de 395 kg e unha lonxitude da coiraza de 153 cm.

Anatomicamente hai unhas poucas características que distinguen a tartaruga verde dos outros membros da súa familia. A diferenza de Eretmochelys, o fociño da tartaruga verde é moi curto e o seu peteiro non forma gancho. A vaíña que cobre a súa mandúbula superior posúe beiras denticuladas, mentres que a súa mandíbula inferior é máis forte, aserrada, e con denticulación mellor definida. A superficie dorsal da cabeza da tartaruga ten un só par de escamas prefrontais. O espaldar da súa coiraza está composto de cinco escudos centrais flanqueados por catro pares de escudos laterais. Pola parte inferior, ten catro pares de escudos inframarxinais que cobren a área entre o plastrón e o espaldar. As patas dianteiras das C. mydas maduras teñen só unha única uña (a diferenza das dúas de Eretmochelys), aínda que ás veces hai unha segunda uña prominente nos espécimes novos.

O espaldar da tartaruga ten varios padróns de coloración que cambian co tempo. Os individuos que acaban de eclosionar, igual que ocorre con outras tartarugas mariñas, teñen principalmente espaldares negros e plastróns de cor clara. Os espaldares dos xuvenís cambian a castaño escuro ou oliva, mentres que os dos adultos maduros son ou completamente castañas, con manchas ou de aspecto marmóreo con radios variegados. Por debaixo, o plastrón ten tons amarelos. As patas de C. mydas son escuras con liñas amarelas, e xeralmente están marcadas cunha gran mancha escura no centro de cada membro.

Distribución

A área de distribución da tartaruga verde esténdese a todas as rexións oceánicas tropicais e subtropicais do mundo. Tamén pode verse nas costas galegas. Hai dúas subpoboacións principais, a do Atlántico e a indopacífica. Cada subpoboación é distinta xeneticamente, e ten os seus propios territorios para aniñar e alimentarse dentro da súa área de distribución.

miniatura|600px|center|Distribución da tartaruga verde (en azul máis escuro); os círculos vermellos son as principais zonas onde aniña. Os círculos amarelos representan sitios menos importantes onde aniña.

Subpoboación do Atlántico

A tartaruga verde pode atoparse por case todo o Atlántico. Foron atopados individuos tan ao norte como no Canadá e as Illas Británicas. No sur atopáronse no extremo de África e na Arxentina. Os principais sitios para aniñar son varias illas do Caribe, e as costas leste dos Estados Unidos e Suramérica e moi salientablemente, algunhas illas do Atlántico Norte solitarias.

No Caribe, os principais sitios de desove son as Illas de Aves, as Illas Virxes Estadounidenses, Porto Rico, e Costa Rica. En anos recentes hai signos dun incremento de aniñación nas Illas Caimán. Unha das rexións máis importantes é Tortuguero en Costa Rica. De feito, a maioría das C. mydas da rexión caribeña son naturais dunhas poucas praias de Tortuguero. Nos Estados Unidos hai áreas de aniñación menos importantes en Xeorxia, Carolina do Norte, Carolina do Sur, e a costa leste de Florida, especialmente Hutchinson Island. Localizacións notables en Suramérica son praias apartadas de Suriname e da Güiana Francesa. No Atlántico Sur, unha área importante é a illa de Ascensión, onde aniñan de 6.000 a 13.000 tartarugas verdes.

A diferenza da distribución esporádica dos sitios de aniñación, as áreas de alimentación son moito máis amplas e distribuídas por toda a rexión atlántica.

Subpoboación indo-pacífica

esquerda|miniatura|Tartaruga verde que vai á superficie a respirar en Hawai. No Pacífico, a súa área de distribución leste vai polo norte desde as costas do sur de Alasca ata polo sur as costas de Chile. No oeste do Pacífico vai polo norte desde o Xapón e costas do sur de Rusia, ata polo sur a parte norte de Nova Zelandia e algunhas illas no sur de Tasmania. Estas tartarugas poden encontrarse tamén por todo o océano Índico.Green turtle nesting sites (Map). Cartography by Center for Marine Conservation. Caribbean Conservation Corporation. 1961. Retrieved August 31, 2007. Mapa

As áreas de alimentación importantes están espalladas por toda a rexión pacífica, incluíndo México, Hawai, e o Pacífico Sur, xunto coas costas do norte de Australia, e Sueste asiático. No océano Índico as colonias de aniñación inclúen a India, Paquistán e outros países costeiros. Nas costas do leste de África hai algunhas áreas de aniñación, incluídas as illas próximas a Madagascar.

Por toda a costa de México poden atoparse lugares de aniñación. Estas tortugas aliméntanse de plantas mariñas no golfo de California. As tartarugas verdes que pertencen á subpoboación hawaiana aniñan nos Bancos da Fragata Francesa, que están protexidos e situados a uns 800 km das Illas Hawai. En Filipinas aniñan nas Illas das Tartarugas, xunto coas tartarugas carei. Indonesia ten algunhas praias de aniñación, unha na Reserva Nacional Meru Betiri no leste de Xava. O mar do Coral ten áreas de aniñación de importancia mundial.C.Michael Hogan. 2011. Coral Sea. Encyclopedia of Earth. Eds. P.Saundry & C.J.Cleveland. National Council for Science and the Environment. Washington DC O arrecife da Gran Barreira Australiana ten dúas poboacións xeneticamente distintas; unha ao norte e outra ao sur. Neste grande arrecife hai 20 localizacións de aniñación, que son pequenas illas e illotes, das cales a máis importante é Raine Island. Os sitios importantes de aniñación abundan a ambos os lados do mar de Arabia, como Ash Sharqiyah en Omán, e ao longo da costa de Karachi, Paquistán (onde nalgunhas praias aniña xunto coa tartaruga carei e a Lepidochelys olivacea) e de Sindh e Beluchistán e na illa paquistaní de Astola (a 25 km do continente).

Ecoloxía e comportamento

miniatura|esquerda|Tartaruga verde nadando cara á superficie. Moito do que se sabe da ecoloxía das tartarugas mariñas procede dos estudos sobre a tartaruga verde, que é a máis estudada. A ecoloxía de C. mydas cambia drasticamente con cada estadio da súa vida. As tartaruguiñas que saen dos ovos son carnívoras, e peláxicas, e forman parte do mininecto do mar aberto. Ao contrario, os xuvenís inmaturos e os adultos atópanse xeralmente en campos de plantas mariñas de pouco fondo costeiros e son herbívoras.

Hábitat

miniatura|esquerda|Tartaruga verde alimentándose de plantas mariñas. As tartarugas verdes móvense entre tres tipos de hábitats dependendo do estadio do seu ciclo vital no que se encontren. Poñen os ovos en praias. As tartarugas mariñas gastan a maioría do seu tempo en augas costeiras de pouco fondo con pradeiras vizosas de plantas mariñas. Os adultos frecuentan as baías e lagoas costeiras e bancos de area con moita vexetación. A miúdo migran xeracións enteiras entre un par de áreas de alimentación e as de aniñación.

As tartarugas verdes pasan a maior parte dos seus primeiros cinco anos en zonas de converxencia no mar aberto que as rodea. Estas tartarugas novas raramente se ven, xa que nadan a bastante profundidade, en augas peláxicas.