La Juventud Católica de Tuy foi un periódico editado en Tui entre 1870 e 1871.

Historia e características

Revista relixiosa e científico-literaria, apareceu o 1 de novembro de 1870. Fundada polo presidente de La Juventud Católica del Miño"Juventud Católica del Miño, La", Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. José Álvarez Mera, que tamén foi o seu director. O administrador era Francisco Paula Areal e entre os seus redactores figuraron Teodosio Vesteiro Torres, Teodoro Sánchez Patiño, José María Barrera, Dámaso R. Areal, Jacinto Figueroa e Carlos C. Queimaliños. Foi suspendida por decisión da Asemblea da Juventud Católica que acordou publicar unha revista xeral de todas as Academias españolas. Cesou a súa publicación o 20 de xuño de 1871. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Tui

Categoría:1870 en Galicia