Santo Estevo de Pedre é unha parroquia do concello de Cerdedo Cotobade. Segundo o INE, en 2010 tiña 215 habitantes (115 mulleres e 105 homes), 5 máis có ano anterior e 24 máis ca en 2005.
Patrimonio miniatura|dereita|250px|Capela de San Lourenzo no Serrapio. Pedre é unha terra de canteiros e un dos máis destacados foi Tiburcio Álvarez, nado a principios do século XVIII. Álvarez traballou na igrexa de Pedre no ano 1767. Xunto cos seus veciños Pedro Bugallo pai e fillo, fixo as escaleiras dos coros alto e baixo así como o enlousado da igrexa.
A igrexa de Santo Estevo de Pedre é anterior ao século XVII. No adro, fronte á igrexa, hai un baldaquino gótico que data dos séculos XV ou XVI, representando a Crucifixión e a Adoración dos Reis Magos.
No lugar de Quinteiro de Salgueiro está a chamada Casa Grande que foi feita na época da Inquisición e data do ano 1600.
Formando parte do antigo camiño de peregrinos atópase unha ponte de tres arcos.
Na Eira Grande pódense ver oito canastros, a maioría de dous claros, e algún deles pertencen a dous veciños ou máis. Na mesma eira hai outra máis pequena chamada a Eira do Pallal, onde se xuntaban os veciños para mallar o centeo, con cinco canastros, todos restaurados.
En Vichocuntín hai unha ponte dun arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con varandas de pedra concertada e lucida, construída a mediados do século XIX como parte da estrada entre Pontevedra e Ourense. Na aldea hai tamén un peto de ánimas cun cruceiro.
No Serrapio sitúase a capela de San Lourenzo de estilo barroco do século XVIII, de planta rectangular, portada adintelada, pináculo nos extremos e espadana central de dobre corpo.
Accidente Na parroquia de Pedre, entre os lugares de Vichocuntín e Pedre, botouse fóra da estrada un autubús de pasaxeiros na Noiteboa de 2022, deixando tres mortos e catro desaparecidos (accidente da ponte nova de Pedre).
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Pedre
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade Ligazóns externas "Arquitectura popular en Galicia. Tierra de Montes". Arte y tradiciones populares. TVE, 1984.
Categoría:Parroquias de Cerdedo Cotobade Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo