San Miguel de Carballedo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2011 tiña 329 habitantes (143 homes e 186 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 350 habitantes. Dos 14 lugares da parroquia, 11 están habitados.

O topónimo fai referencia á abundancia de carballos na zona.

Patrimonio No Castro da Cruz atopouse un pendente de ouroCasal García, R., Concheiro Coello, A. e Reboreda Carreira, A. (2010): "O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico", en Gallaecia nº 29., e preto do poboado atopáronse restos dunha vila romanaConcheiro Coello, A. (2010): "Sondaxes arqueolóxicas na Cruz do Castro, Carballedo, Cotobade (Pontevedra)", en Actuacións arqueolóxicas ano 2008. Xunta de Galicia.. No lugar da Braña está situado o pazo da Braña, do século XVIII. No lugar do Campo da Poza, ao pé do monte Coirego, está o Observatorio astronómico de Cotobade.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Carballedo

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Notas

Véxase tamén Bibliografía Fraguas, Antón (1955). "Petroglifos del monte Pedreira, en Carballedo", III Congreso Nacional de Arqueología, 1953, Zaragoza, pp. 411-412. Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade

Categoría:Parroquias de Cerdedo Cotobade Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel