San Xián de Petán é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Caniza, na comarca da Paradanta, provincia de Pontevedra.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 282 habitantes (151 homes e 131 mulleres), distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2013, cando tiña 345 habitantes.
Nesta parroquia, a carón da estrada N-120, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.
Lugares e parroquias Lugares de Petán
Parroquias da Caniza
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Caniza
Categoría:Parroquias da Caniza Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xián