Santa Cristina de Valeixe é unha parroquia que se localiza no leste do concello pontevedrés da Caniza na comarca da Paradanta.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 753 habitantes (368 homes e 385 mulleres), distribuídos en 58 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2013, cando tiña 907 habitantes.
De acordo cos Nomenclátores de Galicia de 2026 e 2003, é a parroquia civil con máis lugares de Galicia, cun total de 89, véxase o artigo Parroquias de Galicia.
Valeixe na literatura popular Árdelle o carro,/ árdelle o eixe,/ árdelle o carro/ aos de Valeixe.Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 269. Valeixe é lugar e parroquia (Santa Cristina) da Caniza; tamén lugar de San Pedro de Crecente, do concello homónimo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Valeixe
Parroquias da Caniza
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Caniza
Categoría:Parroquias da Caniza Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Cristina