miniatura|290px|Sander canadensis. Sander (anteriormente chamado Stizostedion) é un xénero de peixes da familia dos pércidos. Teñen un aspecto intermedio entre as percas (coas que están estreitamente emparentados) e os lucios (da familia dos esócidos, cos que non están estreitamente emparentados).
Etimoloxía
O seu nome procede da voz alemá zander (nome común da lucioperca).
Descrición
Corpo alongado con cabeza grosa e bicuda. Boca grosa con dentes caninos afiados. Preopérculo cunha beira posterior aserrada. de 43 a 48 vértebras. Dúas aletas dorsais separadas. Liña lateral estendida ata a aleta caudal. Vexiga natatoria ben desenvolvida. Raios da aleta anal feblemente osificados.www.ittiofauna.org
Distribución xeográfica
É un xénero moi presente nas augas temperadas e frías do hemisferio norte, no que están incluídas tres especies de distribución eurasiática e dúas norteamericanas. A súa orixe parece ser europea, xa que se cre que unha emigración de poboacións desde Europa no Eoceno deu orixe ás especies norteamericanas.
Observacións
Pola calidade da súa carne estes peixes son moi apreciados culinariamente e mesmo son criados en piscifactorías e granxas en Europa central e oriental. Non obstante, a súa introdución en ecosistemas para eles alleos causa grandes trastornos, xa que son depredadores voraces, como é o caso da lucioperca, considerada especie invasora na Península Ibérica.Kottelat, M. & J. Freyhof (2007): Handbook of European freshwater fishes. Publications Kottelat, Cornol, Suíza. 646 p. ISBN 978-2-8399-0298-4.
Especies O xénero inclúe as seguintes 5 especies: Sander vitreus Mitchill, 1818 Sander lucioperca Linnaeus, 1758 (lucioperca) Sander canadensis Griffith & Smith, 1834 Sander marinus G. Cuvier, 1828 Sander volgensis J. F. Gmelin, 1789 (lucioperca do Volga).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Lista de especies de Sander en FishBase Nome do Sander para a ONU
Categoría:Percoideos