miniatura|dereita|250px|Placa de bronce de Benín no Museo Británico de Londres. Os bronces de Benín son unha colección formada por máis de 1 000 pezasO número de pezas é incerto (Dohlvik, 2006: pàx. 7.). A maioría de fontes fala de 1 000 pezas, ou algúns milleiros. Nevadomsky afirma que se atoparon entre 3 000 e 5 000 pezas (Nevadomsky, 2005: páx. 66.). conmemorativas que proveñen do pazo real do reino de Benín. Foron creadas polo pobo Edo dende o século XIII, e os británicos fixéronse coa maioría en 1897. 200 delas foron levadas ó Museo Británico, mentres que o resto se repartiu entre outros museos.Greenfield, 2007: páx. 124. Actualmente unha parte aínda está no Museo Británico, na sala 25 (sección de África). Outras partes da colección están nos Estados Unidos de América e Alemaña,USA International Business Publications, 2005: páx. 23. entre outras.

Os bronces de Benín fixeron aumentar o aprecio de Europa pola cultura africana e a arte tribal. Inicialmente, ós europeos do século XIX parecíalles imposible e incrible que xente que consideraban tan «primitiva» e «salvaxe» fosen quen de crear obxectos tan desenvolvidos. Mesmo se chegou á conclusión de que aprenderan eses coñecementos dos portugueses. Porén, sábese que os bronces se facían en Benín dende o século XIII, e que boa parte das coleccións datan dos séculos XV e XVI. Crese que os dous períodos dourados da creación de bronces foron o reinado de Esigie (~1550) e de Eresonye (1735-50).Greenfield, 2007: páx. 122.

Aínda que comunmente son chamados bronces de Benín, non tódalas pezas son deste material. Tamén as hai feitas de latón, ou de aliaxes de bronce e latón; de madeira, cerámica, marfil, etc.Dohlvik, 2006: páx. 21. Están feitas empregando a técnica de cera perdida,The Trustees of the British Museum, 1977: páx. 272. e están consideradas as mellores esculturas feitas deste xeito.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Placas de Benín no Museo Británico

Categoría:Coleccións do Museo Británico Categoría:Historia de Benín Categoría:Historia de Nixeria