Manuel María Misa y Bertemati, nado en Baiona o 15 de maio de 1815 e finado en Londres o 9 de xaneiro de 1904, foi un empresario adegueiro e filántropo galego,: "El prócer Manuel Misa, benefactor de Baiona" en Faro de Vigo, "El Sábado", p. 2, 9/5/2015. primeiro conde de Baiona e primeiro marqués de Misa.Pillado, Neli: "Baiona brinda por don Manuel Misa" Faro de Vigo, 18/5/2015 .

Traxectoria A súa familia era de fortuna modesta mais non pobre, o que lles permitía vivir con comodidade. Manuel, o irmán máis vello, fixo estudos de Mariña en Tui e Filosofía e Leis na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1840 e exercendo de avogado en Baiona ata 1844.

Entre 1844 e 1846, Manuel foi chamado polo seu irmán Ventura para que fose a Xerez da Fronteira. De Xerez enviárono a Inglaterra para estudar a posibilidade de exportar alí os viños da adega de Ventura. En 1844 fundou unha compañía propia, na que se integrou o seu irmán e en 1846 xa tiña residencia definitiva en Londres, casando en 1867. Os irmáns Misa chegaron a acadar o segundo posto entre todos os exportadores de viño de Xerez, unicamente superados por González Byass.

Beneficencia miniatura|250px|Escola doada por Manuel Misa. Entre outras actividades benéficas, Manuel Misa doou á Baiona unha casa escola, inaugurada en 1886, onde hoxe está a Casa do Mar. Financiou a restauración da Ex-Colexiata de Santa María de Baiona en 1888. Construíu a traída da auga. Costeou durante un ano, xunto co seu irmán Ventura, o alumeado público. Doou cartos para as persoas necesitadas. Xirou 3.000 reais para as viúvas e orfos de vinte e oito mariñeiros naufragados no Porto do Son. Puxo os cartos para un premio musical celebrado en Vigo. En Xerez contribuíu á construción de escolas e o cuartel de infantaría. Puxo cartos para os feridos da guerra de Cuba e as inundacións en Murcia e Consuegra e para paliar a traxedia do vapor Cabo Machichaco en Santander. Sufragou a creación da Cámara de Comercio de España en Londres, da que foi presidente e presidente de honra. Custeou as vidreiras da Catedral de Westminster e doou a España un edificio para uso como embaixada. miniatura|175px|esquerda|Necrolóxica.

Recoñecementos En 1875 a coroa outorgoulle o título de Conde de Baiona e en 1889 o de Marqués de Misa, con Grandeza de España de primeira clase. Foi condecorado coa Gran Cruz de Carlos III e a Gran Cruz de Isabel a Católica.

O concello de Xerez púxolle o seu nome a unha rúa e nomeouno fillo adoptivo. O concello de Baiona tamén bautizou na súa honra a rúa do Conde, na zona histórica da vila.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía : "MISA, Marquesado de" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. (1902) Bayona antigua y moderna Madrid . : D. Manuel Misa y Bertemati, Filántropo y empresario bodeguero en Jerez, Primer Conde de Baiona y Primer Marqués de Misa, 2015. : "MISA" (apelido) en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada "Misa, marquesado de" en Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t.42, p. 54.

Outros artigos Ventura Misa Bertemati (irmán de Manuel)

Ligazóns externas Expediente personal del Senador Marqués de Misa Senado de España. : "El conde de baiona tenía una gran fortuna y una mentalidad de devolver parte a la sociedad" Atlántico Diario, 17/5/2015 .

Categoría:Marqueses de Galicia Categoría:Condes de Galicia Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados en Baiona Categoría:Nados en 1815 Categoría:Finados en 1904 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela