Vasyl Anatoliiovich Lomachenko (en ), nado o 17 de febreiro de 1988, é un boxeador ucraíno profesional, actual campión mundial dos pesos pluma da OMB e campión nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e Londres 2012.

Carreira como afeccionado No Campionato Mundial de Boxeo Afeccionado de 2007, Lomachenko acadou a medalla de prata tras perder na final contra Albert Selimov, vencendo a Abner Cotto na primeira rolda e a Theodoros Papazov, Mikhail Bernadski, Arturo Santos Reyes e Li Yang en roldas posteriores.

A súa primeira medalla olímpica foi a conseguida nas Olímpiadas de Pequín 2008, vencendo a todos os seus opoñentes, incluído Selimov, a quen derrotou na primeira rolda, e gañando o Trofeo Val Barker.

Nas olimpíadas de Londres 2012, Lomachenko gañou a súa segunda medalla de ouro consecutiva derrotando na final ao surcoreano Han Soon-Chul. Lomachenko finalizou a súa carreira como afeccionado cun impresionante récord de 396-1, perdendo só ante Albert Selimov.

Carreira profesional Despois de gañar a súa segunda medalla olímpica de ouro, Lomachenko deu o salto ao boxeo profesional, firmando un contrato co promotor Top Rank. Fixo o seu debut profesional o 12 de outubro do 2013 contra José Ramírez. Lomachenko vs Salido Lomachenko retou no seu segundo combate profesional a Orlando Salido polo campionato de peso pluma da OMB, buscando bater o récord de Saensak Muangsurin (quen gañara o seu primeiro campionato ao teceiro combate) e gañar un campionato tan só no seu segundo combate. Salido aceptou o combate e terminou gañando por decisión dos xuíces, malia a controversia do combate, tras afirmarse que o mexicano pesaba 147 libras, 11 libras máis (5 kg) que Lomachenko . Récord profesional ResultadoRécordOpoñenteTipoRolda, TempoDataEstadio, CidadeNotasGañado5-1 Romulo KoasichaKO10 (12), 2:3507-11-2015 Thomas & Mack Center, Las Vegas, NevadaRetén o título de peso pluma da OMBGañado4-1 Gamalier RodríguezKO9 (12), 0:5002-05-2015 MGM Grand Garden Arena, Las Vegas, NevadaRetén o título de peso pluma da OMBGañado3-1 Chonlatarn PiriyapinyoUD1222-11-2014 The Venetian Macao, MacauRetén o título de peso pluma da OMBGañado2-1 Gary Russell Jr.MD1221-06-2014 StubHub Center, Carson, CaliforniaGaña o título de peso pluma da OMBPerdido1-1 Orlando SalidoSD121-03-2014 Alamodome, San Antonio, Texas Polo título de peso pluma da OMBGañado1-0 José RamírezKO4 (10), 2:5912-10-2013 Thomas & Mack Center, Las Vegas, NevadaDebut profesional. Gaña o título de peso pluma internacional da OMB

Notas

Categoría:Boxeadores de peso pluma Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Boxeadores olímpicos de Ucraína Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Bilhorod-Dnistrovskyi Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Ucraína Categoría:Boxeadores nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Boxeadores nos Xogos Olímpicos de 2012