Jean Philippe Gargantiel, nado en 1931Jean Philippe en eurovision-spain.com e falecido o 7 de xaneiro de 2022, foi un cantante francés que representou a Francia no Festival de Eurovisión 1959 e a Suíza no Festival de 1962.Simon Barclay. The Complete and Independent Guide to the Eurovision Song Contest, 2010.

Eurovisión 1959 O Festival de Eurovisión 1959 tivo lugar en Cannes, Francia, xa que o ano anterior o francés André Claveau gañou o certame en Hilversum, Países Baixos. Baixo o nome de Grand Prix de la chanson Européenne, o Festival de Eurovisión 1959 celebrouse no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959. Jean Philippe foi o encargado de representar ao seu país coa canción Oui, oui, oui, oui, que finalmente quedou en terceira posición obtendo 15 votos. A canción tería gran difusión uns anos despois grazas á versión de Sacha Distel.

Unha particularidade dese ano foi que as tres cancións clasificadas nas primeiras posicións volveron ser representadas ao final do Festival, polo que Jean Philippe tivo que actuar de novo.

Eurovisión 1962 No ano 1962, Jean Philippe volveu a participar no Festival de Eurovisión. Ese ano representou a Suíza coa canción Le Retour. Quedou clasificado en décima posición con só dous puntos outorgados polo xurado alemán. Nesta ocasión o país gañador foi a súa Francia natal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Actuación de Jean Philippe no Festival de Eurovisión 1959 - Oui, oui, oui, oui Actuación de Jean Philippe no Festival de Eurovisión 1962 - Le retour

Categoría:Cantantes de Francia Categoría:Representantes de Francia en Eurovisión Categoría:Representantes de Suíza en Eurovisión Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Francia