O Gran río artificial (en árabe , al-Nehr al-Ṣnā‘ī al-‘Ẓīm) é unha rede de tubaxes, pozos e depósitos de auga construídos no deserto do Sáhara en Libia, que se alimenta das augas fósiles do Sistema de acuíferos do Arenito Nubio. A auga utilízase para a subministración a cidades e para a rega agrícola. É o proxecto de irrigación máis grande do mundo.Guinness World Records 2008 Book. ISBN 978-1-904994-18-3
Consta dunha extensa rede de tubaxes enterradas de 2.820 km de longo,Keys, D., 2011, Libya Tale of Two Fundamentally Different Cities, BBC Knowledge Asia Edition, Vol.3 Issue 7 acuedutos, pozos e depósitos. Consta de máis de 1.300 pozos, a maioría de máis de 500 m de profundidade, e produce 6.500.000 m3 de auga doce ao día para fornecer as cidades de Trípoli, Bengasi, Sirte e moitas outras. Iniciouse a súa construción en tempos do líder libio Muammar al-Gaddafi.
Historia miniatura|Transporte de seccións de tubos durante a construción do proxecto. miniatura|Imaxe con cores falsas do proxecto de depósito de Gran Omar Muktar ao sur de Bengasi. A vexetación aparece en vermello, as estruturas urbanas en gris, o terreo árido en beixe, e os depósitos de auga en azul escuro (na parte superior dereita e na inferior). En 1953, os intentos por atopar petróleo no sur de Libia levaron ao descubrimento colateral de grandes cantidades de auga doce subterránea. O proxecto do gran río artificial concibiuse máis tarde, na década de 1960, e os traballos no mesmo comezaron en 1984. A construción do proxecto foi dividida en cinco fases. A primeira fase necesitou que se escavasen 85 millóns de m3 e foi inaugurada en 1991. A segunda fase (denominada Primeira auga para Trípoli) inaugurouse en 1996.
O proxecto estaba a cargo da Autoridade do Proxecto do Gran Río Artificial e foi financiado polo goberno de Muammar al-Gaddafi. O primeiro contratista foi o Dong Ah Consortium e despois a Al Nahr Company Ltd. Os materiais necesarios procedían de Corea e da propia Libia, e posteriormente o aceiro para os tubos era de procedencia italiana.
O custo previsto total do proxecto era duns 25 mil millóns de dólares, financiados con recursos libios. Desde 1990 a UNESCO proporcionou adestramento para enxeñeiros e técnicos implicados no proxecto.
O acuífero fósil do que se extrae a auga é o acuífero do arenito nubio. A súa auga acumulouse fundamentalmente durante a última era glacial, pero co clima actual non se recarga. O proxecto xerou certa controversia. Se a taxa de extracción de auga de 2007 non se incrementa, as súas reservas de auga poderían durar mil anos segundo algunhas estimacións.Artigo de Saudi Aramco 06-05-2015UN Environment Program Porén, outras estimacións independentes indican que o acuífero podería quedar esgotado en só de 60 a 100 anos.Libya's Qaddafi taps 'fossil water' to irrigate desert farms - CSMonitor.com Algúns analistas indicaron que custo do proxecto era un 10% inferior ao de obter esa auga por desalinización de auga de mar.Colonel Qaddafi and the Great Man-made River – Water Matters - State of the Planet
Durante a guerra civil libia de 2011, na que foi derrocado Muammar al-Gadaffi, a planta de Brega, que era unha das que fabricaba tubaxes para o proxecto, foi bombardeada pola OTAN, alegando que albergaba material militar.
Datas das primeiras subministracións de auga 11 de setembro de 1989: chega ao depósito de Ajdabiya. 28 de setembro de 1989: ao depósito de Gran Omar Muktar. 4 de setembro de 1991: ao depósito de Ghardabiya. 28 de agosto de 1996: a Trípoli. 28 de setembro de 2007: a Gharyan.
http://earth-chronicles.ru/news/2012-05-17-22874
Notas
Véxase tamén
Bibliografía BBC News: Libya's thirst for 'fossil water' (artigo que ten un mapa das tubaxes) Artigo na Encyclopædia Britannica TEKFEN İNŞAAT official article (imaxes) Ligazóns externas Proxecto do Sistema de Acuíferos do Arenito Nubio na que colaboran a IAEA UNDP e o GEF sobre a loxística do Gran río artificial. Premio internacional da auga do Gran río artificial
Categoría:Libia Categoría:Hidroloxía