San Martiño de Meanos é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Zas. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2020 tiña 436 habitantes (195 homes e 241 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 715 habitantes. É a parroquia máis extensa de todo concello con 18,30 km cadrados.http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250pi011.jpg Eclesiasticamente pertence ó Arciprestado de Céltigos e é parroquia matriz da de Santa Sía de Roma.
Patrimonio No lugar das Hedreiras atópase o Pazo das Hedreiras, do século XVII.
A igrexa parroquial de San Martiño de Meanos, con formas barrocas do século XVIII, na que destacan a súa fachada, o presbiterio e o seu retablo barroco-rococó. Alberga no seu interior o Santo Cristo de Meanos, un xigantesco Cristo feito en pedra. A peza, datada no século XVII, foi atopada en xuño de 1990 enterrada nunha caseta anexa a igrexa parroquial, durante a restauración da mesma. A imaxe mide 143 cm e pénsase que foi enterrada cando se colocou o actual retablo maior.
Lugares e parroquias Lugares de San Martiño de Meanos
Parroquias de Zas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Zas
Categoría:Parroquias de Zas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño