9.11.2011 Toronto, Canada é un álbum ao vivo da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam, publicado o 10 de novembro de 2011 a través do selo Monkeywrench Records. O disco foi editado exclusivamente como descarga dixital gratuíta a través de Google Play Music, anticipándose ao lanzamento oficial desta páxina o 16 de novembro.

O álbum foi gravado durante o concerto de Pearl Jam o 11 de setembro de 2011 en Toronto, Ontario, no Air Canada Centre. O concerto conmemorou o décimo aniversario dos atentados do 11-S contra o World Trade Center e o Pentágono. A banda tamén estaba en Toronto, xa que o seu documental dirixido por Cameron Crowe, Pearl Jam Twenty, se estreara no Festival Internacional de Cine de Toronto a noite anterior. Este foi o primeiro de dous concertos que tocaron na cidade en días consecutivos durante a xira Pearl Jam Twenty. O abreconcertos das actuacións do 11 e 12 de setembro foi Mudhoney. O concerto tamén marcou a primeira vez que Pearl Jam tocou en Toronto desde o 21 de agosto de 2009.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Pearl Jam Categoría:Álbums en directo Categoría:Álbums musicais de 2011