Na tempada 2013-2014 disputouse a 81ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os oito equipos que ocuparon os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular.
Na final, xogada no Estadio Nueva Balastera de Palencia o 27 de abril de 2014, o VRAC Quesos Entrepinares de Valladolid acadou o seu terceiro título copeiro derrotando por 40 a 18 ó Bathco Independiente de Santander, equipo que disputaba a primeira final da súa historia.
Formato O formato do torneo contou con 3 fases eliminatorias: Cuartos de final: Un único encontro xogado no campo do equipo mellor situado na liga. Os enfrontamentos foron 1º vs 8º, 2º vs 7º, 3º vs 6º, 4º vs 5º. Semifinais: Por sorteo puro, disputáronse a ida e volta. Final: Un único encontro xogado nun campo elixido pola Federación Española de Rugby.
Participantes Os oito equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaron o dereito a participar na Copa do Rei os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta.
Así quedou a táboa da liga trala primeira volta (os oito equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul):El recién ascendido Bathco se proclama campeón de invierno, artigo de Marca. PostoEquipoPuntosPXPGPEPPP+P-Bonus 1º. Independiente 41 11 9 0 2 281 201 5 2º. VRAC41 11 8 0 3 307 209 9 3º. El Salvador 39 11 8 0 3 305 199 7 4º. At.Madrid 38 11 8 0 3 300 236 6 5º. Ordizia 34 11 7 0 4 266 215 6 6º. Cisneros 31 11 6 0 5 264 283 7 7º. Getxo 30 11 6 0 5 264 226 6 8º. Gernika 24 11 4 0 7 292 280 8 9º. Hernani 20 11 4 0 7 227 308 4 10º. Vigo 18 11 3 0 8 239 320 6 11º. Santboiana 15 11 2 0 9 188 328 7 12º. Ciencias 11 11 1 0 10 192 323 7
Torneo Cuartos de final: Encontro único (11/12 de xaneiro de 2014) Independiente 22-13 Gernika El Salvador 21-26 Cisneros At.Madrid 13-18 Ordizia VRAC 37-26 Getxo Semifinais: Encontros de ida e volta (19 de xaneiro e 2 de marzo de 2014) Cisneros 13-19 Independiente Ordizia 17-16 VRAC Independiente 18-18 Cisneros VRAC 26-21 Ordizia Final: Encontro único (27 de abril de 2014) VRAC 40-18 IndependienteEl VRAC conquista su tercera Copa del Rey ante un Bathco que acabó literalmente fundido, artigo de Marca. Cadro da competición Cuartos de finalSemifinaisFinal ''' Independiente '''22 Gernika '''13 '''Independiente '''19 '''18 Cisneros '''13 '''18 El Salvador '''21 ''' Cisneros '''26 '''Independiente '''18 '''VRAC '''40 At.Madrid '''13 ''' Ordizia '''18 Ordizia '''17 '''21 '''VRAC '''16 '''26 ''' VRAC '''37 Getxo '''26
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos
2014 Categoría:Rugby en 2014