miniatura|Panfleto publicado tralo masacre de Deir Yassin. O masacre de Deir Yassin consistiu na morte de entre 107 e 120 civís árabes palestinos,Kana'ana, Sharif and Zeitawi, Nihad (1987), "The Village of Deir Yassin," Bir Zeit, Bir Zeit University Press entre o 9 de abril e 11 de abril de 1948 por milicianos do Irgún e do Leji,Estimación xeralmente aceptada polos estudosos: : Chapter 4: The second wave: the mass exodus, April—June 1948, Section: Operation Nahshon, page 238 : Chapter 16: Deir Yassin, Section 12: The Massacre, page 377)
Posiblemente, tamén durante despois da batalla: : Chapter 16: Deir Yassin, Section 12: The Massacre, page 376-381 : page 100-101 na aldea de Deir Yassin, preto de Xerusalén, durante o Mandato británico de Palestina, mentres as forzas xudías do Yishuv loitaban para romper o asedio de Xerusalén durante o período da guerra civil que precedeu ao final do mandato.
O ataque Deir Yassin era un tranquilo poboado árabe localizado entre Tel Aviv e Xerusalén, que en 1948 contaba con 750 habitantes.
Debido a que a aldea se atopaba próxima a varios asentamentos xudeus, o muktar establecera un pacto de non-agresión cos xudeus dos asentamentos veciños. Apoiado nese pacto, teríalle negado o permiso a forzas árabes para usaren o pobo como base.
As forzas árabes tiñan bloqueado o acceso á sitiada Xerusalén. Os 2500 xudeus que habitaban a cidade vella foron vítimas dun bloqueo por parte das forzas árabes que durou cinco meses antes, até que se viron obrigados a renderse o 29 de maio de 1948. Até a capitulación, e durante todo o sitio a Xerusalén, os convois xudeus trataron de chegar á cidade para aliviar a escaseza de alimentos, que, en abril, xa se tornara en crítica.
O 6 de abril púxose en marcha a Operación Nachshon, unha ofensiva para recobrar o control do camiño a Xerusalén. O pobo de Deir Yassin foi incluído na lista de aldeas árabes para ser ocupados como parte da operación. Os comandantes xudeus, liderados por David Shaltiel, deron comezo á operación destinada a abrir un corredor entre Xerusalén e Tel Aviv, a única vía de abastecemento.
O 9 de abril 132 homes, 72 do Irgún e 60 do Leji, atacaron o pobo. O incidente, no que entre 107 e 120 aldeáns, a maioría anciáns, mulleres e nenos, foron asasinados, é coñecido como a matanza de Deir Yassin. Adicionalmente impediron que os cadáveres foran soterrados, e levaron 150 prisioneiros á zona xudía de Xerusalén. O Irgún tamén sufriu 37 feridos e 4 mortos no ataque.
As autoridades israelís negaron o feito durante varios días e impediron o acceso á zona á Cruz Vermellla. Posteriormente Jack Rinier, representante oficial da Cruz Vermella daquelas en Xerusalén visitou o pobo, que aínda estaba rodeado polo exército. No seu informe mencionou a forma como encontrou os cadáveres insepultos e as condicións posteriores do ataque.
Hoxe en día a iniciativa Der Yassin Remembered busca que o feito, que aínda hoxe é obxecto de controversia, sexa lembrado.
Represalias Posteriormente, o 13 de abril un convoi médico que se dirixía cara ao centro médico Hadassah (Monte Scopus, Xerusalén) foi atacado como represalia. Neste ataque, morreron setenta e nove persoas, a maioría deles médicos e enfermeiras.The Hadassah Convoy Massacre. Artigo na páxina do Zionism & Israel Information Center (en inglés). Estes feitos coñécense como o masacre do convoi médico Hadassah.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Der Yassin Remembered
Categoría:Conflito árabe-israelí Categoría:Masacres no Mandato de Palestina Categoría:Masacres en 1948