360px|miniatura|dereita|Secuencia da eclipse solar do 20 de marzo de 2015. A notar que a totalidade remata no Polo Norte, así como que en Galicia será visible aproximadamente entre as 10 e as 12 da mañá, hora local.|alt=Eclipse
O 20 de marzo de 2015Total Solar Eclipse of 2015 Mar 20 NASA Consultado o 30 de outubro de 2009 tivo lugar unha eclipse solarTotal Solar Eclipse: March 20 2015 Consultado o 30 de outubro de 2009 total (sobre algúns lugares do Atlántico Norte) cunha magnitude de 1,045. en Galicia a máxima magnitude, no extremo noroeste, foi de 0,8. A duración da totalidade, no mellor punto, foi de 2 minutos e 47 segundos, fronte á costa das Illas Feroe, .
Ó remate deste camiño, a sombra da Lúa afastouse da superficie da Terra pola zona polar. Coincidiu co día do equinoccio, cando o Sol estaba no horizonte polar e xorde despois do semestre de noite polar.
A eclipse puido verse dende Europa en diferentes graos de parcialidade segundo a latitude. Dende Islandia e Escandinavia foi case total, e total foi tamén ós 90º de latitude norte, no polo. Esta eclipse total de Sol foi xusto anterior a unha eclipse total de Lúa que ocorre 15 días despois, a Eclipse lunar de abril de 2015.
En relación á escala de tempo do ciclo metónico de 19 anos, esta eclipse total equinoccial foi a primeira dunha serie de tres eclipses totais equinocciais consecutivas separadas por 19 anos. Segundo o programa Stellarium, a próxima eclipse total en equinoccio ocorre no ano 2034 e é a máis precisa do terceto, pois poderase ver como total dende o ecuador, círculo do planeta no que nos equinoccios ao mediodía os raios do Sol inciden de xeito perpendicular. Esta eclipse equinoccial total de 2015 é a primeira da serie de tres nun período de 38 anos, 470 meses lunares, ciclos de fases ou ciclos sinódicos.
Percorrido Animación do percorrido da sombra en secuencia de imaxes de 30 en 30 segundos: Ficheiro:Animation solar eclipse of March 20, 2015.gif
Datos da eclipse en Galicia En Galicia, os datos extremos corresponden a:
A Guarda (comezo da eclipse en Galicia): Inicio eclipse: 9 h 03 m 51 s (GTM + 1) Máximo eclipse: 10 h 06 m 31 s Fin eclipse: 11 h 14 m 39 s Magnitude: 0,782 Obscurecemento: 73,4 %
Ribadeo (fin da eclipse en Galicia): Inicio eclipse: 9 h 07 m 21 s Máximo eclipse: 10 h 10 m 56 s Fin eclipse: 11 h 19 m 50 s Magnitude: 0,797 Osbcurecemento: 75,4 %
O máximo de magnitude en Galicia corresponde á zona entre Cedeira e Cariño, no concello de Cariño. Os datos para Cariño son: Inicio eclipse: 9 h 07 m 11 s Máximo eclipse: 10 h 10 m 34 s Fin eclipse: 11 h 19 m 14 s Magnitude: 0,805 Obscurecemento: 76,4 %
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Interactive map of the eclipse with local circumstances and diagram Información completa da eclipse para España, por provincias e capitais, con instrucións e precaucións para a observación do Sol Páxina de información sobre a eclipse da Organización Salmantina da Astronáutica e o Espazo
201503 Categoría:2015