Juan Muíños Iglesias, nado en Redondela e finado no mesmo concello en marzo de 1992, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Juan Muíños Casal, dono do Hotel España de Redondela. Foi o fundador da delegación da Falange Española en Redondela. Participu na guerra civil española como voluntario da 2ª Bandeira de Falange de Pontevedra, e posteriormente como oficial. Xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, foi nomeado concelleiro de Redondela en xaneiro de 1940,El Pueblo Gallego, 27-1-1940, p. 2. e elixido primeiro tenente alcalde.El Pueblo Gallego, 31-1-1940, p. 3. Ostentou o cargo de alcalde de Redondela, ao que accedeu o 29 de xaneiro de 1940, sucedendo ao anterior alcalde, Cándido Martínez Esteiro. Tres anos despois, en 1943, sucedeuno na alcaldía Raúl Carlos Gunche López. En setembro de 1951 volveu a acceder á alcaldía,El Pueblo Gallego, 12-9-1951, p. 3. na que se mantivo até 1966, cando Pedro Otero Rey o sucedeu. Foi nomeado deputado provincial en 1952.El Pueblo Gallego, 9-3-1952, p. 2. Despois foi delegado do Instituto Social da Mariña en Redondela.
No seu mandato promoveu a privatización da praia de Cesantes. Finou en Redondela en marzo de 1992.Necrolóxica en Faro de Vigo, 6-3-1992, p. 57. Recoñecementos Recibiu varias condecoracións pola súa participación na “Guerra de liberación”. Tamén recibiu a Cruz de Caballero de Cisneros polos “servizos prestados á causa”.
Vida persoal
Casou con María Teresa Torrado Sánchez e foi pai de Juan José, María Teresa, María Isabel e María del Pilar Muiños Torrado. Notas
Véxase tamén Outros artigos Falange Española Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Alcaldes
Categoría:Falanxistas Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición
Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra
Categoría:Nados en Redondela
Categoría:Finados en 1992