Doomsday é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Neil Marshall que se estreou no 2008. A historia está ambientada nunha Escocia do futuro, que foi posta en corentena por mor dun virus mortal. Cando o virus aparece en Londres, os líderes políticos envían a un equipo liderado por Eden Sinclair (Rhona Mitra) para atopar unha posible cura. Doomsday foi concibido por Marshall na idea de representar soldados medievais loitando con outros do futuro. Na produción inspirouse en diferentes filmes, como Mad Max, salvaxes de autoestrada, 1997: Rescate en Nova York e 28 Days Later.
Personaxes Rhona Mitra como Eden Sinclair Bob Hoskins como Bill Nelson Malcolm McDowell como Marcus Kane Alexander Siddig como Primeiro Ministro John Hatcher David O'Hara como Michael Canaris Craig Conway como Sol Lee-Anne Liebenberg como Viper
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Suráfrica Categoría:Filmes dirixidos por Neil Marshall Categoría:Filmes con banda sonora de Tyler Bates Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Crystal Sky Pictures Categoría:Filmes de Intrepid Pictures Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes ambientados en Glasgow Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes ambientados en 2008 Categoría:Filmes ambientados en 2035