Antonio Mariño de Lobeira e Andrade, nado en Pontevedra en 1640, foi un militar e nobre galego da Casa Mariño de Lobeira.

Traxectoria Fillo do tamén nobre Pedro Mariño de Lobeira Lemos, señor da Serra de Outes, foi bautizado o 18 de xullo de 1640. O seu irmán máis vello Fernando Antonio Mariño de Lobeira, herdou o señorío da Serra de OutesGenealogía del linaje Mariño de Lobeira, web Xenealoxías do Ortegal. e transformouno en marquesado.

Foi tenente xeneral do exército do rei de España e mariscal de campo de infantaría en Flandres.

Honras Foi elixido cabaleiro da Orde de Santiago en 1688, e primeiro marqués de Mariño, título concedido por Filipe V en 1705. Ao non ter descendencia o título extinguiuse con el ata que foi recuperado en 1921.

Notas

Categoría:Casa Mariño de Lobeira Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1640 Categoría:Marqueses de Galicia Categoría:Cabaleiros da Orde de Santiago