Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2015. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe non ordenada, véxase a categoría "Finados en 2015".

Personalidades internacionais

Xaneiro 1 de xaneiro, Omar Karami, 80 anos, primeiro ministro do Líbano nos anos noventa. 1 de xaneiro, Ninón Sevilla, 93 anos, actriz cubano-mexicana, parada cardíaca como cosecuencia dunha insuficiencia hepático-pancreáticaNinón Sevilla Dies: Cuban 'Aventurera' Rumbera Actress Dead At 93 Following Cardiac Arrest, Latin Times, 1 de xaneiro, 2015.. 1 de xaneiro, Ulrich Beck, 70 anos, sociólogo alemán, infarto. 1 de xaneiro, Boris Morukov, 64 anos, cosmonauta ruso. 5 de xaneiro, Jean-Pierre Beltoise, 77 anos, piloto de automobilismo francés, derramo cerebralMort du pilote de F1 Jean-Pierre Beltoise, Le Monde, 5 de xaneiro de 2015.. 7 de xaneiro, Jean Cabut, 76, Stéphane Charbonnier, 47, Bernard Verlhac, 57, Philippe Honoré, 73, e Georges Wolinski, 80 anos, debuxantes franceses asasinados no ataque contra a sede de Charlie Hebdo. Tamén, Bernard Maris, 68 anos, escritor francés. 7 de xaneiro, Rod Taylor, 84 anos, actor australiano, famoso polo seu papel protagonista en Os paxaros, de Alfred Hitchcock, infarto. 10 de xaneiro, Francesco Rosi, 92 anos, director de cinema italiano, bronquiteAddio al regista di «Mani sulla città». Morto a Roma Francesco Rosi, Corriere del Mezziogiorno, 10 de xaneiro de 2015.. 11 de xaneiro, Anita Ekberg, 83 anos, actriz italo-sueca. 23 de xaneiro, Abdalá I, 90 anos, rei de Arabia Saudita, pneumonía. 26 de xaneiro, Demis Roussos, 68 anos, cantante grego. 27 de xaneiro, Charles Townes, 99 anos, Premio Nobel de Física e inventor do láserNobel laureate and laser inventor Charles Townes dies at 99 , web da Universidade de California Berkeley.. 28 de xaneiro, Yves Chauvin, 84 anos, químico francés, Nobel da especialidade en 2005 29 de xaneiro, Amparo Baró, 77 anos, actriz de teatro, cine e televisión española, cancro de pulmón. 30 de xaneiro, Carl Djerassi, 91 anos, químico e escritor austríaco-estadounidense, inventor da pílula anticonceptiva. 31 de xaneiro, José Manuel Lara, 68 anos, editor e empresario español, cancro de páncreas. 31 de xaneiro, Richard von Weizsäcker, 94 anos, presidente de Alemaña Federal e de Alemaña.

Febreiro 5 de febreiro, Val Fitch, 91 anos, físico e astrónomo, Premio Nobel. 6 de febreiro, André Brink, 79 anos, escritor surafricano, infarto. 6 de febreiro, Assia Djebar, 78 anos, escritora e directora de cinema alxeriana. 14 de febreiro, Alan Howard, 87 anos, actor de cinema inglés, pneumonía. 15 de febreiro, Michele Ferrero, 89 anos, empresario chocolateiro italiano. 15 de febreiro, Sergio Blanco, 66 anos, cantante de Mocedades, Sergio y Estíbaliz e El Consorcio. 21 de febreiro, Clark Terry, 94 anos, trompetista de jazz estadounidense. 21 de febreiro, Aleksei Gubarev, 83 anos, cosmonauta soviético. 27 de febreiro, Leonard Nimoy, 83 anos, actor estadounidense. 27 de febreiro, Rosa Novell, 61 anos, actriz catalá, 28 de febreiro, Boris Nemtsov, 55 anos, político ruso, asasinado a tiros nunha rúa de Moscova. 28 de febreiro, Yasar Kemal, 92 anos, escritor turco.

Marzo 1 de marzo, Francisco González Ledesma, 87 anos, escritor e xornalista españolMor l'escriptor Francisco González Ledesma, Ara, 1/3/2015. 1 de marzo, Joshua Fishman, 88 anos, sociolingüista e especialista en yiddish, creador do concepto de diglosia Joshua Fishman, Yiddishist and Linguistics Pioneer, Dies at 88 , The Jewish Daily Forward, 4/3/2015. 8 de marzo, Gerardo Sofovich, 77 anos, actor e director de cinema arxentino, hemorraxia interna. 9 de marzo, Sam Simon, 59 anos, guionista e produtor de televisión, un dos creadores dos Simpson, cancro de colon. 10 de marzo, Frei Otto, 89 anos, arquitecto alemán, premio Pritzker en 2015. 12 de marzo, Terry Pratchett, 66 anos, escritor de fantasía inglés, atrofia cortical posterior. 17 de marzo, Juan Claudio Cifuentes, Cifu, 74 anos, locutor radiofónico e especialista en jazz, derramo cerebral. 21 de marzo, Moncho Alpuente, 65 anos, xornalista e humorista español, infarto. 21 de marzo, Milen Dobrev, 35 anos, levantador de pesas búlgaro. 23 de marzo, Lee Kuan Yew, 91 anos, primeiro ministro de Singapur durante máis de tres décadas, pneumonía. 23 de marzo, Herberto Helder, 84 anos, escritor portugués 25 de marzo, Pedro Reyes, 53 anos, cómico e humorista español. 26 de marzo, Tomas Tranströmer, 83 anos, escritor sueco.

Abril 2 de abril, Manoel de Oliveira, 106 anos, director de cinema portugués, parada cardíaca. 6 de abril, Kardam de Bulgaria, 52 anos, príncipe aspirante de Bulgaria, infección respiratoria. 13 de abril, Günter Grass, 87 anos, escritor alemán, Premio Nobel de Literatura en 1999, infección respiratoria. 13 de abril, Eduardo Galeano, 79 anos, escritor uruguaio. 19 de abril, Raymond Carr, 96 anos, historiador e hispanista británico. 29 de abril, Andrew Lesnie, 59 anos, director de fotografía, gañador dun Oscar, infarto. 30 de abril, Ben E. King, 76 anos, cantante e compositor estadounidense.

Maio 2 de maio, Maya Plisetskaya, 79 anos, bailarina rusa. 4 de maio, Jesús Hermida, 77 anos, xornalista e presentados de televisión español, infarto cerebral. 14 de maio, B.B. King, 89 anos, guitarrista de blues, diabete. 24 de maio, John Nash, 89 anos, matemático e Premio Nobel de Economía estadounidense, accidente de tráfico. 26 de maio, Vicente Aranda, 88 anos, director de cinema español.

Xuño 11 de xuño, Christopher Lee, 93 anos, actor de cinema inglés, insuficiencia respiratoria. 11 de xuño, Ornette Coleman, 85 anos, saxofonista e compositor de jazz estadounidense, infarto. 14 de xuño, Hugo Blanco, 74 anos, compositor e arpista venezolano, hipoglicemia. 17 de xuño, Süleyman Demirel, 90 anos, antigo primeiro ministro e presidente turco, infección respiratoria. 20 de xuño, Manuel Aramburu, 79 anos, pintor, cancro. 22 de xuño, Laura Antonelli, 73 anos, actriz italiana, infarto. 22 de xuño, James Horner, 61 anos, compositor de música para filmes como Titanic, accidente de avioneta. 23 de xuño, Marujita Díaz, 83 anos, actriz española, cancro. 24 de xuño, Cristiano Araújo, 29 anos, cantante brasileiro, accidente de automóbil. 25 de xuño, Narsés Pedro XIX Tarmowni, 75 anos, patriarca da Igrexa Católica Armenia, infarto. 25 de xuño, Patrick Macnee, 93 anos, actor de cinema e televisión británico, cancro. 26 de xuño, Matti Makkonen, 65 anos, enxeñeiro finlandés, un dos pais dos SMS.

Xullo 10 de xullo, Omar Sharif, 83 anos, actor exipcio, infarto. 11 de xullo, Satoru Iwata, 55 anos, empresario xaponés, CEO de Nintendo, cancro dos condutos biliares. 12 de xullo, Javier Krahe, 71 anos, cantautor español, infarto. 17 de xullo, Jules Bianchi, 25 anos, piloto de automobilismo francés, como consecuencia dun accidente de coche deportivo. 21 de xullo, Theodore Bikel, 91 anos, actor estadounidense coñecido polos seus papeis en musicais. 21 de xullo, E. L. Doctorow, 84 anos, escritor estadounidense famoso polas súas novelas históricas, cancro de pulmón. 23 de xullo, José Sazatornil, 88 anos, actor español de teatro e cinema, alzheimer. 27 de xullo, Abdul Kalam, 83 anos, cientítico e político indio, ataque ao corazón.

Agosto 2 de agosto, Natalia Molchanova, 53 anos, mergulladora rusa, afogada. 5 de agosto, Ana Hatherly, 86 anos, escritora e artista portuguesa. 9 de agosto, Coyote, 54 anos, debuxante de banda deseñada francés, infarto. 15 de agosto, Julian Bond, 75 anos, defensor dos dereitos civís estadounidense, cancro. 17 de agosto, Yvonne Craig, 77 anos, actriz británica coñecida polo seu papel como Batgirl. 17 de agosto, Arsen Dedić, 77 anos, cantautor croata. 20 de agosto, Lina Morgan, 78 anos, actriz de teatro e televisión española. 21 de agosto, Daniel Rabinovich, 71 anos, músico e cómico arxentino, integrante de Les Luthiers, doenza cardíaca. 25 de agosto, Txiki Benegas, 67 anos, político español, deputado do PSOE e do Partido Socialista Vasco, cancro. 25 de agosto, Vardo Rumessen, 77 anos, pianista, musicólogo e político estoniano. 25 de agosto, Bento da Cruz, 90 anos, escritor portugués, especialista na guerrilla antifranquista. 28 de agosto, Joan Garriga, 52 anos, piloto de motociclismo español, das feridas causadas por un accidente de moto. 30 de agosto, Oliver Sacks, 82 anos, neurólogo británico, cancro de fígado. 30 de agosto, Wes Craven, 76 anos, director de cinema estadounidense de filmes de horror, tumor cerebral. 31 de agosto, Wayne Dyer, 75 anos, escritor estadounidense de libros de autoaxuda, leucemia.

Setembro 7 de setembro, José María Ruiz Mateos, 84 anos, empresario e político español, pneumonía. 11 de setembro, Alberto Schommer, 87 anos, fotógrafo español, cancro de próstata. 12 de setembro, Adrian Frutiger, 87 anos, tipógrafo suízo. 13 de setembro, Moses Malone, 60 anos, xogador de baloncesto estadounidense. 19 de setembro, Jackie Collins, 77 anos, escritora estadounidense, cancro de peito. 28 de setembro, Ignacio Zoco, 76 anos, futbolista español.

Outubro 5 de outubro, Tomris İncer, 67 anos, actriz turca, cancro. 5 de outubro, Henning Mankell, 67 anos, novelista sueco de novela negra, cancro de pulmón. 5 de outubro, Ana Diosdado, 77 anos, actriz e dramaturga española, infarto. 5 de outubro, Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, 77 anos, nobre español. 5 de outubro, Chantal Akerman, 65 anos, cineasta belga, suicidio. 9 de outubro, Geoffrey Howe, 88 anos, político conservador británico, infarto. 17 de outubro, Howard Kendall, 69 anos, adestrador de fútbol inglés 22 de outubro, Gloria van Aerssen, 83 anos, cantante española, membro do grupo Vainica Doble. 24 de outubro, Maureen O'Hara, 95 anos, actriz irlandesa-estdounidense. 24 de outubro, Carlos Bousoño, 92 anos, poeta español e crítico literario, Premio Príncipe de Asturias das Letras. 25 de outubro, Mark Murphy, 83 anos, cantante de jazz estadounidense, complicacións dunha pneumonía. 26 de outubro, Sam Sarpong, 39 anos, modelo e actor anglo-estadounidense, suicidio. 31 de outubro, Ryūzō Saki, 78, escritor xaponés de novela policial baseada en feitos reais, cancro de gorxa.

Novembro 1 de novembro, José Fonseca e Costa, 82 anos, cineasta portugués, pneumonía como consecuencia dunha leucemia. 1 de novembro, Fred Thompson, 73 anos, avogado, actor e político estadounidense, linfoma. 7 de novembro, Gunnar Hansen, 68 anos, actor islandés, coñecido polo seu personaxe de Leatherface, cancro de páncreas. 9 de novembro, André Glucksmann, 78 anos, filósofo francés. 10 de novembro, Allen Toussaint, 77 anos, produtor e intérprete de rythm & blues estadounidense, infarto. 10 de novembro, Laurent Vidal, 31 anos, triatleta francés, finalista olímpico en Londres 2012, infarto. 10 de novembro, Helmut Schmidt, 96 anos, chanceler socialdemócrata da República Federal Alemá entre os 70 e os 80. 18 de novembro, Jonah Lomu, 40 anos, xogador de rugby de Nova Zelandia, parada cardíaca como consecuencia de insuficiencia renal. 22 de novembro, Kim Young-sam, 87 anos, antigo presidente de Corea do Sur, parada cardíaca como consecuencia dunha infección do sangue. 23 de novembro, Dan Fante, 71 anos, escritor estadounidense. 28 de novembro, Tahir Elçi, 49 anos, avogado pacifista kurdo, asasinado. 28 de novembro, José María Mendiluce, 64 anos, activista ecoloxista e dos dereitos humanos español, enfermidade dexenerativa ósea. 30 de novembro, Pío Caro Baroja, 87 anos, documentalista e escritor español. 30 de novembro, Fatima Mernissi, 75 anos, socióloga e escritora marroquí. 30 de novembro, Shigeru Mizuki, 93 anos, debuxante de manga xaponés, infarto. Decembro