Ana Carolina Reston Macan, nada en São Paulo o 4 de xuño de 1985 e finada o 15 de novembro de 2006, foi unha modelo brasileira.
Traxectoria Reston naceu no seo dunha familia de clase media de Jundiaí, nas aforas de São Paulo. Con 13 anos, comezou a súa carreira de modelo despois de gañar un concurso local de beleza. Foi representada por axencias como Ford, Elite e L'Équipe, en países como a China, Turquía, México e o Xapón, a apareceu en campañas publicitarias de Giorgio Armani.
En xaneiro de 2004, Reston fixo a súa primeira viaxe a Guangzhou, na China. Mentres facía un casting na cidade, achacóuselle estar 'demasiado gorda', un criticismo que marcaría a súa caída nunha anorexia nerviosa.
No momento da súa morte, Reston pesaba só 40 kg e medía 1,73m, e fora hospitalizada dende o 25 de outubro de 2006 por malfunción dos riles, producida pola anorexia nerviosa e a bulimia nerviosa que padecía. A súa dieta baseábase só en mazás e tomates. A súa situación fíxose cada vez máis grave, e unha infección xeneralizada levouna á morte con 21 anos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en fashionmodeldirectory.com Noticia da morte no telegraph.co.uk
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Modelos femininas do Brasil Categoría:Brasileiros de ascendencia italiana Categoría:Brasileiros de ascendencia libanesa