Miguel Pernas Cora, nado en Viveiro en 1958, é un actor galego de televisión, cinema e dobraxe.

Traxectoria Comezou a súa carreira en 1977 con O Facho, en Paco Pixiñas e a nave espacial. En 1979 ingresou na Escola Dramática Galega. Presidiu a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia e en 2006 foi socio fundador da Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia. En 1980 fundou a Sociedade Cooperativa Luís Seoane.

Actuou co Centro Dramático Galego, Teatro do Atlántico, Áncora Producións, Teatro do Noroeste ou Producións Librescena.

Vida persoal Irmán de Gustavo Pernas Cora e curmán do escritor Ramón Pernas.

Traballos Televisión 1990: Os outros feirantes, de Xosé Cermeño, Antón Dobao 1999: Mareas vivas 1995-1996: Pratos Combinados, como Rosendo 2001: Pequeno Hotel 2002: Avenida de América, de Gonzalo Pintos, como Roberto Pintado 2002-2003: Terra de Miranda 2004: As leis de Celavella 2005-2013: Libro de familia 2007: Valderrei 2009: Gondar 2013: Salaó 2013-2014: Chapa e pintura 2014-2018: Pazo de familia 2017: O final do camiño, Alberto Guntín (Creador), Xosé Morais (Creador) 2017: Viradeira, de Óscar Pedraza, Jorge Saavedra 2019: Lobos e Cordeiros, como don Gregorio, de Manuel A. Espiñeira, Giselle Llanio 2019: Do dereito e do revés 2020: O sabor das margaridas, como Cordeiro 2020: La Unidad, de Dani de la Torre Cinema 1989: Urxa, de Carlos Piñeiro e Alfredo Pinal 1992: Un soño de verán 1998: Arde amor, de Raúl Veiga, como Lucio 2003: O lapis do carpinteiro, de Antón Reixa. 2003: O Cid, a lenda 2011: A casa da luz, de Carlos Amil 2015: AR-K: Lagran evasión, de Sergio Prieto Prado. 2016: Na outra beira das augas grandes, de Xavier F. Docampo 2016: Castelao. De chumbo a verba, de Miguel López 2020: O castelo da Lúa, de Ignacio Basallo. Curtametraxe 2024: As tres outras vidas de Mario Santiso, de Roberto Alvite, como Miguel 2025: O Jazz dos proscritos, de Manuel Gil. Curtametraxe.

Teatro

1977: Paco Pixiñas e a nave espacial, con O Facho 1980: Dous perdidos nunha noite suxa, coa compañía Luís Seoane. 1984: Fausto, coa compañía Luís Seoane. 1987: As tres irmás (Anton Chekhov). Dirección: Xosé M. Rabón. 1989: As alegres casadas (William Shakespeare). Dirección: Eduardo Alonso. 1992: Un soño de verán (William Shakespeare). Dirección: Eduardo Alonso. 1998: Valle Inclán 98 (Ramón Mª del Valle Inclán). Directores: Manuel Guede, Helena Pimenta, Xosé Martins e Eduardo Alonso. 2002: O colaborador (Friedrich Durrenmatt). Dirección: Manuel Guede. 2002: Os espectros (Henrik Ibsen). Dirección: Rui Madeira. 2005: Ricardo III (William Shakespeare). Dirección: Manuel Guede. 2005: Seis personaxes en busca de autor (Luigi Pirandello). Dirección: Xulio Lago. 2012: O profesional (Dusan Kovacevic). Dirección: Manuel Guede. 2025: Guerra, Teatro do Noroeste, dirección Eduardo Alonso..

Dobraxe Actor protagonista de series como Magnum ou A Escrava Isaura.

Actores dobrados: Samuel L. Jackson, Tom Selleck, Lawrence Fisbourne, Charles Bronson, Max Von Sydow, Richard Widmark, Danny Glover, Ron Perlman etc.

Premios

Premio San Dalmacio á mellor dirección de dobraxe por “Cromwell” Premio da crítica Vigo 1986 por Teatro Luís Seoane Premio Artur Carbonell do Festival de Teatro de Sitges por “Edipo Rei” da Compañía Luís Seoane Premio Mellor Actor no Festiival de Teatro do Carballiño 2012 por “Último Cowboy”, de Teatro do Noroeste.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.

Ligazóns externas Ficha na web AVG

Categoría:Actores de Viveiro Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de dobraxe de Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1958 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos