Non confundir co Sentimentalismo miniatura|ASTRAZ, símbolo do sentimentalismo. O sentimentalismo é un movemento filosófico, artístico e espiritual fundado polo escritor Xesús Manuel Valcárcel. Segundo os seus textos programáticos, o sentimentalismo “promove a liberación da persoa a través da arte e do coñecemento”.
Historia Como movemento literario e artístico, o sentimentalismo comezou en Lugo na década de 1970 arredor do semanario Táboa Redonda do xornal El Progreso e do programa radiofónico Fogar de Breogán da Cadena SER, dirixido por Xesús Manuel Valcárcel. Nestes medios, o movemento tivo a editorialización dos seus primeiros comunicados. Tamén está vencellado ao colectivo poético Cravo Fondo, do que foi inspirador. A base teórica do sentimentalismo preséntase nunha triloxía conformada polos ensaios Animal sentimental, Dialéctica sentimental e Práctica sentimental, publicados por Ir Indo Edicións.
Segundo os textos fundacionais, “o sentimentalismo parte do esgotamento da tradición racionalista occidental, da necesidade de alternativas e da importancia dos sentimentos na interpretación e na xestión do mundo; parte da valoración individualista da persoa, a través da rebeldía, para promover un cambio de conciencia, reivindicando a sabedoría ancestral e a rica variedade das culturas e dos seres concretos”.
Antoloxías do sentimentalismo O sentimentalismo publicou a través do seu órgano de comunicación as coñecidas como TAR (Tres Antoloxías de Referencia), correspondentes á Etapa de Fundación, á Etapa de Implantación e á Etapa de Expansión.
Na Etapa de fundación (2011), Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño Nogueira xuntaron unha selección de textos dos autores que se sumaron nun inicio aos Manifestos do Movemento. A Etapa de implantación (2012) foi coordinada por Carlos Arias Iglesias e Mariña Pérez Rei. Finalmente, na Etapa de Expansión (2013) Xavier Lama e Branca Novoneyra seleccionaron varios poetas novos para compoñer unha nova antoloxía do sentimentalismo, que valoran como un “movemento xa suficientemente vertebrado desde a perspectiva ideolóxica e a adscrición autoral”.
Autoras e autores alt=Autoras e autores do sentimentalismo.|miniatura|300x300px|Autoras e autores do sentimentalismo. Carlos Arias Iglesias Yolanda Castaño Xulio Cid Neira Olalla Cociña Lozano Berta Dávila Cristina Ferreiro Real Francisco Xosé Fernández Naval Xavier Lama Xabier López Marqués Xurxo Martínez González Manuel Celso Matalobos Branca Novoneyra Celia Parra Olga Patiño Nogueira Mariña Pérez Rei Elías Portela Baldo Ramos Ismael Ramos Helena Salgueiro Xesús Manuel Valcárcel Eva Veiga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Movementos artísticos