Covadonga Berdiñas Torres, nada na Coruña o 13 de xaneiro de 1967, é unha actriz galega de televisión, cine, dobraxe e teatro.

Traxectoria Comezou a súa formación teatral no ano 1987, na escola de teatro Casahamlet, ó mesmo tempo que iniciou a súa actividade na dobraxe. Realizou varios cursos de interpretación ante a cámara, e desde entón, traballa como actriz de teatro, televisión, cine e actriz e directora de dobraxe.

Televisión Galicia Exprés (2001), como María Enríquez. Maridos e mulleres (2006-2008), como Delia Mariño. Padre Casares (2008- ), como Puri. A casa da conexa (2013- ), como Adela. Era visto! (2015- ), como Carmucha. Dalia, a modista (2016), como Rosalía. La que se avecina (2016) Vivir sin permiso (2017) O sabor das margaridas (2018) Un asunto privado (2021)

Cine Un conto para Olivia (2007) de Manane Rodríguez. A esmorga (2014), de Ignacio Vilar, como Tía Esquilacha. La sombra de la ley (2017) Elisa y Marcela (2018) Live is life (2020) Los renglones torcidos de Dios (2022)

Teatro La ruta de los ingenieros del Rey (1998) A doncella guerreira (1999) A noite vai coma un río (2000) Entrecontos (2001) Cigarreiras/Cigarreras (2021/2022)

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2013Mellor interpretación feminina secundariaPadre CasaresNomeada2016Mellor interpretación feminina secundariaDalia, a modistaGañadora Premios Teatro José Estruch Ano Categoría Título Resultado2022 Mellor interpretación de repartición (Todo o elenco) Cigarreras Gañadoras

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Mestre Mateo zombi Vídeo de arranque dos premios Mestre Mateo 2013.

Categoría:Actores da Coruña Categoría:Actores de dobraxe de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1967 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria