María Gloria Lago Cuadrado é unha profesora galega, presidenta e voceira da asociación Galicia Bilingüe e da plataforma Hablamos EspañolLa campaña de "Hablamos Español" llega a Baiona tras generar conflicto en Sanxenxo, Faro de Vigo, 23 de agosto de 2018 ..

Traxectoria Filla de Román Lago Álvarez e neta de Román Lago Cabral, dous dos principais procesados polo caso do metílico, en 2009 publicou El reloj de cuco, unha historia novelada da vida da familia Lago e do proceso xudicial, nun intento de vindicar a imaxe da familia. Na súa mocidade militou en Coalición Galega"Gloria Lago valora militar en política" Galicia Confidencial. É profesora de inglés nun instituto de VigoPerfil de Gloria Lago no seu blogue .. Coñecida por ser a presidenta e voceira de Galicia Bilingüe, asociación que fundou en xullo de 2007."¿Quién financia a Galicia Bilingüe?" , artigo en la Voz de Galicia, 20 de xullo de 2011 .

Polémicas Gloria Lago é coñecida por defender abertamente a partidos e asociacións de corte españolista, defensores da unidade de España e contrarios ás manifestacións culturais e lingüísticas periféricas. No ano 2011 insinuou que o PPdeG ofrecéralle un posto na lista ás eleccións galegas de 2012, cun escano asegurado. Dous anos máis tarde valorou entrar en política, e soaron os nomes do PPdG e de UPyD como posibles destinos da viguesa. Porén, non rematou en ningún destes partidos.

No ano 2014 cualificou de xenófobo a Castelao no seu blog persoal, e aos seus defensores de "talibáns galaicos"."Gloria Lago chama xenófobo a Castelao no seu blogue", artigo en La Voz de Galicia, 21 de xuño de 2014. Na mesma publicación atacou a referencia a que as "linguas co-oficiais deban ser obxecto de especial respecto e protección", pronunciada por Filipe VI no seu discurso de proclamación."Felipe VI y el xenófobo Castelao", post no blog de Gloria Lago, xuño de 2014 .

En novembro de 2014 foi a encargada de ler o manifesto Libres e iguales en Vigo, en contra da consulta soberanista catalá, que cualificou de "agresión á democracia" e de "mutila-los seus dereitos". A concentración reuniu a unhas 20 persoas."Libres e Iguales se concentra ´contra la agresión de la Generalitat´ el 9-N", artigo en Faro de Vigo, 9 de novembro de 2014 .

No mesmo mes comezou a campaña "Adopta un topónimo español", atacando a Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade en 1983, e que establecía a oficialidade dos topónimos en galego."¡Adopta un topónimo español!", post no blog de Gloria Lago, novembro de 2014 .

En xaneiro de 2015 definiu ao Apalpador coma un guarrillo pederasta (porquiño pederasta) no seu blog.http://elblogdeglorialago.blogspot.com.es/2015/01/la-universidad-y-hasta-los-reyes-magos.html La Universidad y hasta ¡los Reyes Magos! puestos al servicio del nacionalismo, post no blog de Gloria Lago, xaneiro de 2014 .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Galicia Bilingüe Nacionalismo español

Ligazóns externas Blog de Gloria Lago

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en ano descoñecido