O río da Groba é un curso fluvial galego que discorre polo concello pontevedrés de Baiona. Nace e discorre pola serra da Groba, e desemboca na zona especial de conservación (ZEC) da Ramallosa, xunto cos ríos Miñor e Guillade.

Xeografía Nas súas beiras hai unha fraga mesta e silenciosa, na que abundan moitas aves. Atravesa as parroquias de Belesar e Santa Cristina da Ramallosa. Ademais pasa polo núcleo de Sabarís, no que se construíu a Ponte Vella.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

M. Pérez, M. Filgueira, M. T. Freijido, G. Méndez (2000). "Parámetros morfométricos e hidrológicos de las cuencas de drenaje y ríos tributarios a la ría de Vigo". Journal of Iberian Geology. CSIC and UCM , Nº. 26, 2000 pp. 171-188.

Outros artigos Camiño Portugués

Categoría:Ríos da provincia de Pontevedra Categoría:Xeografía de Baiona