Chos Malal é unha cidade da Arxentina, localízase ao norte da provincia de Neuquén. Conta cunha poboación de 11.361 habitantes. Chos Malal está localizada entre o Río Neuquén e o Río Curi Leuvú na Cordilleira do Vento.
Historia Foi fundada o 4 de agosto de 1887 polo coronel Manuel Xosé Olascoaga. Chos Malal foi a capital do Territorio do Neuquén ata 1904, cando a capital foi trasladada a Neuquén capital do Departamento da Confluencia.
Clima O clima clasifícase como continental de altitude, con invernos fríos (frecuentes nevadas) e veráns con días quentes e noites frescas.
Mes Xan Feb Mar Abr Maio Xuño Xullo Ago Set Out Nov Dec AnualTemperatura media (°C) 21.3 20.2 17.0 12.6 9.5 6.5 6.0 7.2 9.9 13.5 17.2 20.2 13.4 Fonte: Worldclimate.com''
Cultura O Museo Histórico Xosé Olascoaga, situado na cidade, exhibe varias partes históricas da Conquista do Deserto como documentos, equipos dos Soldados e obxectos mapuche.
Véxase tamén
Ligazóns externas A páxina oficial de Chos Malal Chos Malal
Categoría:Cidades da Arxentina