A troponina C, músculo esquelético rápido ou troponina C tipo 2 (TNNC2) é unha proteína que nos humanos está codificada no xene TNNC2 do cromosoma 20. É unha das dúas isoformas da troponina C; a outra é a TNNC1. Esta isoforma está presente nos músculos esqueléticos de contracción rápida, e únese a ións calcio, regulando a contracción muscular. Cando está unida ao calcio, a contracción muscular é posible. A troponina é un complexo de tres subunidades: troponina C, T e I.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Proteínas