"Heal the World" é unha canción do artista estadounidense Michael Jackson, un sinxelo do álbum Dangerous, estreado en 1991. O vídeo musical (dirixido por Joe Pytka) está protagonizado por nenos que viven en países onde sofren conflitos. É un dos poucos vídeos nos que non aparece Jackson, sendo os outros "Cry", "HIStory" e "Man in the Mirror". A versión con vídeo incluída en Dangerous: The Short Films e Michael Jackson's Vision contén unha introdución a cun discurso de Jackson. A canción foi interpretada en directo no descanso da Super Bowl XXVII diante de 35.000 espectadores.

Notas

Categoría:Sinxelos de 1991 Categoría:Cancións de Michael Jackson