miniatura|dereita|280px|Michael McGoldrick tocando unha frauta irlandesa no Festival Intercéltico de Lorient de 2013. A frauta irlandesa (chamada fliúít Gaelach en lingua irlandesa), tamén coñecida como frauta escocesa no contexto escocés, é unha frauta travesa de madeira empregada na música tradicional de Irlanda e de Escocia.

Aínda que se toca en tódolos condados de Irlanda, ten especial arraigo nos condados de Sligo, Leitrim e Roscommon.

Características Trátase dunha frauta de sistema simple que cando se toca reproduce unha escala diátonica (Maior) a medida que se van destapando por orde os buracos de ton. Debido a que se constrúe de madeira, á súa característica embocadura e ao seu sistema simple, ten un timbre de seu que a diferenza moi ben da frauta travesa de concerto.

Músicos destacados Brian Finnegan Oliver Goldsmith Michael McGoldrick Calum Stewart

Notas

Véxase tamén Bibliografía Breathnach, Breandán: Folk Music and Dances of Ireland (1971) ISBN 1-900428-65-2 The Flute and its Patrons, Chapter XXVII of Francis O'Neill's Irish Minstrels and Musicians.

Categoría:Instrumentos musicais de Irlanda Categoría:Instrumentos de vento-madeira