San Pedro de Muro é unha parroquia situada no sur do concello do Porto do Son. Segundo o INE, no 2020 tiña 852 habitantes (434 homes e 418 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación.

Toponimia Segundo Nicandro Ares San Pedro deriva do antropónimo latino relacionado con (pedra). É un nome de santo, haxiotopónimo.

Patrimonio A igrexa parroquial de San Pedro data do ano 1720. Sinxela en canto a formas e ornamentación a excepción da fachada principal, de inspiración neoclásica, que lle foi engadida posteriormente. O interior conta cunha única nave dividida pola transepto. No exterior destaca a xa citada fachada neoclásica con abundante decoración, así como o campanario dividido en tres corpos.

A ermida de San Bieito de Seráns é unha capela cunha planta rectangular con muros de cantería. Ten unha nave principal, un presbiterio (ambos cubertos mediante unha bóveda de canón) e unha sancristía. O exterior carece de ornamentación e destaca unha espadana con dúas arcadas.

Muro na literatura popular Na miña vida tal vin/ nesa aldea de Seráns:/ unha cadela con pitos,/ unha galiña con cans Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 188. No texto: vín, n-esa, cáns. Seráns é lugar de San Pedro de Muro pero a cantiga está recollida en Palmeira (Ribeira)..

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Pedro de Muro

Parroquias do Porto do Son

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Porto do Son

Categoría:Parroquias do Porto do Son Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía