Santa Baia do Araño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.372 habitantes (667 homes e 715 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que reflicte unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1.512 habitantes, e ao ano 1999, cando tiña 1.655 habitantes.

Xeografía A parroquia está cruzada polo río Té e mailos regatos de Batán e do Muíño do Conde. O pico Muralla, con 678 metros de altitude, é o punto máis alto do seu termo, seguido polo Castro Barbudo, con 327 metros.

Patrimonio Xunto á casa reitoral da parroquia atópase o meirande hórreo de toda Galicia http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=374&idIdioma=2 O hórreo máis grande., en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro, con 2,40 m de alchura e 2,70 m de altura media) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). Foi construído a mediados do século XVII.

Tamén é salientable o Pazo dos Calotes, actualmente en restauración.

Próximo á igrexa atópase o castro do Araño, no que se acharon muíños de man e restos de cerámica.

O Araño na cultura popular galega Araño, meu Arañiño/ Na parroquia do Araño/ teño todo o meu cariño Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202.. As mociñas do Araño/ mentras os máis van á misa,/ quedan na corte coas vacas/ rillando palla maísa. Eu caseime no Araño/ co fillo dun arañón,/ pensando que non pasaba fame/ o forno da miña sogra cría silvas no verán. Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño Teaio é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, estremeira coa do Araño (Rianxo). As rabizas son as follas tenras do nabo. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Teayo..

Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de Imaxes do Araño, Rianxo

Lugares e parroquias Lugares do Araño

Parroquias de Rianxo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Rianxo Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.

Categoría:Parroquias de Rianxo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia