Manuel Fal Conde, nado en Higuera de la Sierra (Huelva) en 1894 e finado en Sevilla en 1975, foi un avogado e político carlista español.

Traxectoria Estudou dereito en Sevilla e Madrid. Ingresou en 1930 no Partido Integrista. Cando este se integrou no carlismo Fal Conde organizou o movemento en Andalucía Occidental, dando prioridade ás mocidades e ao requeté. Nas eleccións de 1933, o carlismo conseguiu 4 deputados en Andalucía e Fal Conde converteuse no xefe do carlismo andaluz en novembro. En 1934, fíxose cargo da dirección do carlismo e centralizou a organización no seu equipo. Durante a guerra civil española tivo que se exiliar a Portugal tras pretender crear unha Academia militar carlista e dende alí opúxose ao decreto de unificación, sen resultados. Tras volver a España prohibiu o alistamento de carlistas na División Azul, o que provocou que as autoridades o confinasen en Ferreríes (Menorca) durante uns meses. En 1955 renunciou como xefe do carlismo en España.

Categoría:Políticos de Andalucía Categoría:Nados en 1894 Categoría:Nados en Higuera de la Sierra Categoría:Finados en 1975 Categoría:Avogados de España Categoría:Carlistas Categoría:Antifranquistas de España