Santa María do Xobre ou Santa María do MañoInstituto Geográfico Nacional (ed.). Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población. Entidades. Actualización 9-1-2017 é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Pobra do Caramiñal. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 1.461 habitantes (692 homes e 769 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.514 habitantes.

Patrimonio Torre de Xunqueiras, no lugar de Xunqueiras, pazo renacentista cunha torre medieval do século XIII. Pombal da Reitoral, construído en 1758. Pombal circular con cónica de tella curva que formaba parte dun conxunto de uso agrícola vinculado á aristocracia eclesiástica da zona, unha peza da memoria agraria da Barbanza. No 2025 engadiuse á Lista Vermella, un rexistro de bens patrimoniais en risco de desaparición creado pola asociación Hispania Nostra, cando o edificio tiña o teito desaparecido e a maleza medraba libre entre as xuntas da manpostería.

O Xobre na literatura popular Campiniño, Campiniño,/ ben te podes alabar,/ tes tres tabernas ó lado/ e bailes na sociedá Recollida en Palmeira (Ribeira), aínda que este lugar do Campiño pertenza á parroquia estremeira do Xobre, do concello da Pobra. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: ven, tés, ô lado.. No Castelo hai boas mozas,/ no Caramiñal pardelas,/ no Maño son pequeniñas,/ no Campiño a frol delas Recollida na Pobra do Caramiñal. O Campiño é un lugar da parroquia do Maño (ou O Xobre), na Pobra, concello ó que tamén pertence a parroquia do Castelo (ou Santiago do Deán). Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 171. Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos No texto: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 169.. Viva O Maño, viva O Maño,/ que é terra de moito pan,/ o forno da miña sogra/ bota uvas polo vran No texto: pol-o. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 195..

Lugares e parroquias Lugares do Xobre ou O Maño

Parroquias da Pobra do Caramiñal

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Caramiñal

Categoría:Parroquias da Pobra do Caramiñal Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María