O patulateVV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 186. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0 ou cangrexo de patas azuis (Liocarcinus depurator) é un crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos moi abundante nas rías galegas.González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985), pp. 90-91.
Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez por Linneo en 1758, na 10ª edición da súa obra Systema Naturae, adxudicándolle o nome de Cancer depurator.Liocarcinus depurator (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
En 1816 foi redescrita por Antoine Risso, que a incluíu no xénero Portunus e a denominou Portunus plicatus.
Ao longo do tempo foi reclasificada noutros xéneros, antes de que a especie fora incluída en Liocarcinus, polo que se lle recoñecen os seguintes sinónimos:
Cancer depurator Linnaeus, 1758 Macropipus depurator (Linnaeus, 1758) Polybius (Polybius) depurator (Linnaeus, 1758) Portunus depurator (Linnaeus, 1758) Portunus plicatus Risso, 1816
Características Ten un cacho case oval, moderadamente aplanado, e co dorso con pequenas quillas ou ringleiras transverdsais de granulacións, provistas dalgunhas serdas. O tamaño da casca pode chegar até 50 mm de largo e 40 mm de longo, e pode ser distinguido doutros cangrexos, como o cangrexo común (Carcinus maenas, polas fileiras de manchas brancas na casca.
O primeiro par de patas acaba nunha robusta pinza. Os tres seguintes son longos e rematan nun dáctilo agudo. O quinto par presenta o propodio e o dáctilo aplanados a arredondados, adaptados á natación.Ramonell, R. (1985), pp. 254-255.
O abdome dos machos, de forma treiangular, vai estreitándose gradulamente da base ao ápice, e presenta os segmentols terceiro a quinto fusionados. O da femia ten a forma máis ancha e arredondada, e non ten fusionados ningún dos segmentos.
A superficie do cacho e das patas é de cor castaña tirando a rubia , sendo máis clara pola parte ventral.
Distribución e hábitat Este cangrexo habita nas augas costeiras do mar do Norte, o océano Atlántico, o mar Mediterráneo e o mar Negro.
No Atlántico esténdese desde o norte de Noruega e Suecia até o oeste de África,Hayward, P. J. & Ryland, J. S. eds. (1990): The marine fauna of the British Isles and North-West Europe: 1. Introduction and protozoans to arthropods. Oxford, UK: Clarendon Press, ISBN 0-19-857356-1. até as costas do Sáhara Occidental.
En Galicia Liocarcinus depurator é unha especie moi frecuente nas augas de toda Galicia, tanto nas rías como na plataforma continental, desde augas pouco profundas até os 300 m, sendo máis abundante a menos dos 100 m, e en zonas de maior influencia oceánica. É frecuente, así mesmo, en deteeminadas zonas de area e pedras dispersas. Chega a densidades de 0,44 individuos/m2. Captúrase adoito en arrastres realizados dentro das rías galegas, en fondos lamacentos e areoso-lamacentos.
Hai que destacar que as poboacións de Liocarcinus depurator, xunto coas do seu conxénere Liocracinus navigator, aumentaron considerabelmente a pariir de mediados do século XX, á raíz da instalación das bateas mexilloeiras, debido á modificación dos ecosistemas bentónicos e, a dicir de Gurriarán e outros, constitúén dous dos principais braquiúros nas nosas augas.Muíño Boedo, Ramón (1977): Estudio de las poblaciones de Liocarcinus arcuatus y Liocarcinus depurator en relación con el cultivo de mejillón en la Ría de Arosa]. Memoria presentada para aspirar al Grado de Doutor en Bioloxía. Universidade da Coruña.
De certo interese comercial noutras zonas da península, por exemplo, na rexión pesqueira tramontana (costas de Cataluña e a Comunidade Valenciana), en Galicia péscase ao arrastre para empregar como engado para a pesca da piarda (Atherina presbyter) con mediomundo.
Nomes galegos Non existe aínda un nome vernáculo oficial para a especie Liocarcinus depurator. Na bibliografía consultada encontramos as denominacións de: patulate, en Ramonell, nome que Ríos Panisse, na súa monumental Nomenclatura, di que foi recollida por Aníbal Otero na Pobra do Caramiñal para a especie Polybius henslowii.Ríos Panisse, Mª C. (1977), p. 45. Así mesmo, Lahuerta e Váquez, no seu Vocabulario,Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 210. dan patulate como sinónimo de cangrexo de patas azuis, evidente tradución do inglés blue-leg swimming crab, ou do francés étrille pattes bleues, que estes autores tamén dan (aínda que os nomes ingleses máis citados son harbour crab, ou sandy swimming crab.) jaiba, en González Gurriarán, que Ríos Panisse rexistra para o cangrexo común (Carcinus maenas),Ríos Panisse, Mª C. (1977), p. 28. e para Eriphia spinifrons (hoxe clasificada como Eriphia verrucosa), un cangrexo da familia dos erifíidos coñecido maioritariamente en Galicia como peludo.Ríos Panisse, Mª C. (1977), p. 30.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985): Crustáceos decápodos das costas de Galicia. I. Brachyura. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-242-9. Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. McLaughlin, P. A.; Lemaitre, R. & Sorhannus, U. (2007): "Hermit crab phylogeny: a reappraisal and its “fall-out”". Journal of Crustacean Biology, 27 (1): 97-115. Resumo Türkay, M. (2001): "Decapoda" en: Costello, M. J. et al. eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-292. ISBN 2-85653-538-0. Ramonell, R. (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3. Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
Categoría:Braquiúros Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné