Este artigo trata sobre o tipo de uva, para a poboación francesa véxase Chardonnay, Saona e Loira.
Chardonnay (pronunciado en galego coma: xardoné) é unha caste de uva branca da especie Vitis vinifera (a videira) a partir da que se fabrica viño de alta calidade. Orixinalmente producida na rexión de Borgoña.
Investigadores da universidade peruana de San Ignacio de Loyola analizaron a súa pegada xenética, concluíndo que ten a súa orixe nas cepas Gouais Blanc e Pinoccio.180px|miniatura|Cor dourada característica dun viño elaborado con uva Chardonnay.|esquerda miniatura|180px|Bagos de chardonnay logo da vendima.|esquerda miniatura|180px|Botella de viño Chardonnay.|esquerda Orixe e etimoloxía A cepa Chardonnay é orixinaria do viñedo de Borgoña, e máis precisamente dos arredores da vila de Chardonnay onde xa se menciona o cultivo da vide no século X. Se o nome romano da vila era Cardonacum (un lugar onde mendran cardos, chardon en francés), este evolucionou a Chardonay e a cepa coñecíase coma Chardenet, Chaudenet ou Chardenay até que o Congreso de Ampelografía de Chalon-sur-Saône de 1896 fixou o nome actual. Uns estudos científicos recentes permitiron establecer a xenética do Chardonnay como o resultado do cruzamento por polinización entre o Pinot noir e o xa desaparecido Gouais blanc, unhas cepas máis antigas que existían en Borgoña antes do Chardonnay.
Outra versión da orixe deste viño di que este veu de Xerusalén, de rexións de solos calcarios e arxilosos. O nome viría pois do hebraico e non do francés. Os primeiros en levar o viño branco a Francia foron os cruzados de Palestina, que levaron tanto viño coma sementes da variedade cuxo nome orixinal en francés é "Porte de Dieu", que significa "Porta de Deus", tradución do nome hebraico "Shaar-adonay", que simboliza a cidade santa de Xerusalén, arrodeada de portas cara Deus.
Características O gran do bago é pequeno, redondo e colle un ton melón cando fermenta. O resultado da súa maduración produce un mosto suave e aromático, chamado frutoso no eido da enoloxía, característica pola que é incluída na elaboración de champaña.
Cando é fermentado ou criado en barricas adquire unhas cualidades de sabor e aroma que o distinguen e fano moi apreciado entre os seus consumidores. Só algunhas variedades moi específicas aceptan a súa garda, polo que xeralmente se recomenda bebelo de produción recente.
Notas
Categoría:Variedades viníferas Categoría:Borgoña