Xosé Lois Ripalda González, nado en Erbedeiro (Carballedo) o 31 de xaneiro de 1940, é un mestre e escritor galego.

Traxectoria Estudou Maxisterio en Pontevedra, xubilándose despois de case corenta anos dedicados ao ensino en diversas aldeas do rural en Galicia e Asturias, rematando en Nigrán, Baiona e Vigo. Da súa preocupación pola cultura tradicional e da evidente necesidade de crear literatura coa que poidan identificarse os alumnos procedentes do medio rural, nacen os seus volumes de relatos Un fachico de contos e Contos para engaiolar, recreacións libres da tradición oral que, xunto co seu último libro, Contos da Baiuca, forman unha triloxía sobre temas relacionados coa aldea.

Investigador sobre temas etnográficos, ten publicado numerosos artigos en xornais e revistas.

Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.

A casa na que naceu en Erbedeiro será dedicada a museo.

Obras Narrativa Un fachico de contos (1980). Zero-Zyx. 99 páxs. ISBN 978-8431705299. Contos para engaiolar (1984). edición do autor. 131 páxs. ISBN 978-84-398-1521-1. Contos da baiuca (1995). edición do autor. 120 páxs. ISBN. Memorias dun esquelete de aldea (2008). Ediciones Cardeñoso. 104 páxs. ISBN 978-8481905199. As tortillas do Xeneral (2012). Ir Indo. Narrativa. ISBN 978-8476806876. Lendas, contos e historias ao pé do lume (2014). Ir Indo. ISBN 978-8476807149.

Literatura infanto-xuvenil As bolboretas brancas (1989) Ir Indo. Nabarquela. 118 páxs. ISBN 978-8476800225. As botas de Zapeto (1995). Sotelo Blanco Edicións. ISBN 978-8478241309. O cabalo ceibe (2004). Ir Indo. O Elefante Contacontos. 106 páxs. ISBN 978-8476805015. O grumete da Pinta (2006). Cardeñoso. ISBN 978-8481904420. Viaxe aos Ancares (2009). Ir Indo. O Elefante Contacontos. 98 páxs. ISBN 978-8476807255. O camiño dos druídas (2011). Ir Indo. Máis de 12 anos. 108 páxs. ISBN 978-8476806739. O inspector Chumbo (2014). Ir Indo. Máis de 12 anos. 163 páxs. ISBN 9788476807224. O golfiño ceibe (2016). Ir Indo. Máis de 10 anos. ISBN 978-8476807255. Volve o inspector Chumbo (2019). Ir Indo. Máis de 10 anos. ISBN 9788476807439. Verdelina, a tartaruga viaxeira (2022). Ir Indo. ISBN 9788476807767.

Ensaio A carón da roda. Vida dun afiador (2002). A cultura tradicional do pan (2002) Ir Indo. Raigame. 114 páxs. ISBN 978-8476803936. Erbedeiro, vida e esmorecer dunha freguesía (2002). edición dixital. O libro das fontes, 2006, Edicións Xerais de Galicia. Etnografía. 136 páxs. ISBN 978-8497824156. A cultura do pan (2008). Edicións Xerais de Galicia. Etnografía. 176 páxs. ISBN 978-8497827218. O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia. (2010). Editorial Galaxia. 144 páxs. ISBN 978-8471542564. A cultura do viño (2013). Ir Indo. ISBN 9788476807057. Terra e auga (2017). Ir Indo. 206 páxs. ISBN 9788476807316. A cultura do mel (2018). Ir Indo. ISBN 978-8476807378. Pepa Loba, entre a historia e a lenda (2022). Ir Indo. 168 páxs. ISBN 9788476807699.

Premios Acadou un dos premios "Barco de Vapor" (5º Certame) e por traballos de Etnografía dirixidos a escolantes, seis veces consecutivas o premio "Museo de Pontevedra". Premio Frei Martín Sarmiento por O inspector Chumbo en 2018.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Xosé Lois Ripalda descubre a aldea asolagada de Sernande no seu novo libro. 03/09/2012. You Tube. Televinte Chantada.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Nados en Carballedo Categoría:Nados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes